Amplíanse na provincia de Ourense as zonas demarcadas para facer fronte á praga da Flavescencia Dourada da Vide

Estas zonas afectan a 15 novos concellos galegos, todos na provincia de Ourense

Publicidade

flavescencia_douradaA Consellería do Medio Rural publicOU hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias pola que se amplían as zonas demarcadas pola praga de corentena da flavescencia dourada da vide. Esta decisión ten como finalidade manter e reforzar as medidas urxentes destinadas á erradicación e control desta enfermidade que afecta ás vides na comunidade, e que supón unha seria ameaza para o sector vitivinícola. En total, as novas zonas tampón afectan a 15 concellos, todos na provincia de Ourense.

A ampliación destas zonas prodúcese como resposta á nova delimitación establecida en Portugal, en aplicación da normativa europea de sanidade vexetal. Trátase dunha acción preventiva que busca frear a expansión dunha praga que afecta o sector vitivinícola galego, especialmente nas provincias de Pontevedra e Ourense.

zonas demarcadas flavescencia dourada

Esta demarcación afecta tanto a parroquias completas como zonas parcialmente delimitadas dentro dos municipios de Bande, Cartelle, Castrelo de Miño, Gomesende, Melón, Ramirás, Ribadavia, Entrimo, Lobeira, Lobios, Monterrei, Oímbra, Quintela de Leirado, Verea e Verín. Trátase, na súa maioría, de zonas rurais cunha importante actividade vitivinícola e cun risco potencial de propagación da enfermidade. Actualmente, tendo en conta estas localidades, hai 30 concellos afectados en toda Galicia, dos cales 10 están en Pontevedra.

Ligazón á resolución no DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información