Ampliado ata o 15 de xuño o prazo de solicitude da PAC

A Orde ministerial publicarase en breve no BOE. Aténdese así á petición das CCAA e sectores afectados, co obxectivo de facilitar a presentación da súa solicitude a todos os agricultores e gandeiros que poidan ser beneficiarios destas axudas

Ampliado ata o 15 de xuño o prazo de solicitude da PAC

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente amplía ata o 15 de xuño o prazo de presentación da  solicitude única dos pagamentos directos á agricultura e gandería para a campaña 2016, unha vez aprobada a regulamentación comunitaria que así o permite. Esta prórroga recollerase nunha Orde ministerial que será publicada en breve no Boletín Oficial do Estado.

Segundo o Ministerio. “aténdese así á petición das Comunidades Autónomas e sectores afectados, ampliando o prazo de presentación para toda España, co obxectivo de atender a todos os agricultores e gandeiros que poidan ser beneficiarios destas axudas da Política Agraria Común”.

A solicitude única poderá presentarse ata o 15 de xuño, incluído. Un prazo que engloba tamén o período de modificacións das solicitudes únicas xa presentadas, e aplícase tamén ás presentacións de cesións de dereitos de pago básico, ás solicitudes de dereito de pago básico á Reserva Nacional e ao prazo para presentar os contratos realizados coas industrias procesadoras no caso dos solicitantes da axuda asociada ao tomate.

Da mesma maneira que xa ocorreu o ano pasado, ao prolongar o período de solicitude máis aló do 15 de maio, prolóngase tamén o prazo no que as parcelas han de estar a disposición do solicitante de axudas da PAC ata o 15 de xuño, incluído.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información