Ampliado ata o 1 de xullo o prazo para xustificar as axudas para maquinaria en réxime asociativo

Ampliado ata o 1 de xullo o prazo para xustificar as axudas para maquinaria en réxime asociativo

A Consellería do Medio Rural decidiu ampliar en 2 meses o prazo de execución e xustificación das axudas dirixidas á compra de maquinaria en común. Deste xeito, o prazo pasa do 1 de maio ó 1 de xullo. Facilitarase así que as entidades beneficiarias das subvencións (cooperativas, Cumas e Sats) poidan cumprir co prazo, posto que os retrasos que está experimentando a fabricación de maquinaria agrícola puña en serio risco de perder as axudas a unha parte dos beneficiarios.

Días atrás, concesionarios de maquinaria agrícola e organizacións agrarias advertiran da necesidade de ampliar prazos, posto que as dificultades de suministro que experimentan as cadeas de produción de maquinaria están levando a retrasos de varios meses na entrega de tractores e outros equipos.

En vista da situación, a Consellería resolveu con carácter de urxencia a ampliación do prazo de execución e xustificación ata o 1 de xullo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información