Ampliadas as axudas para a compra de fertilizantes e gasóleo agrícola

O Goberno destina 230 millóns as axudas ao agro e á pesca para compensar o aumento dos custos e inclúen máis fondos para fertilizantes, a prórroga da bonificación ao gasóleo e novas actuacións nas rías galegas

Ampliadas as axudas para a compra de fertilizantes e gasóleo agrícola

O Consello de Ministros aprobou este martes un novo paquete de medidas de apoio ao sector agrario e pesqueiro por importe de 230 millóns de euros co obxectivo de facer fronte ao incremento dos custos de produción derivado do conflito en Oriente Medio. Con esta ampliación, o volume total de axudas destinadas a agricultores, gandeiros e pescadores ascende xa a 1.107 millóns de euros, sumando os fondos aprobados no Plan Integral de Resposta á crise.

A principal novidade é o incremento de 165 millóns de euros para a adquisición de fertilizantes, un dos insumos que máis se encareceron nos últimos meses. A contía total desta liña alcanza os 665 millóns de euros, mentres que tamén aumentan as axudas por superficie cultivada, que pasan a ser de 38,33 euros por hectárea en cultivos de secano e de 92,50 euros nas explotacións de regadío.

O Executivo tamén decidiu prorrogar ata o 30 de setembro a bonificación de ata 20 céntimos por litro para a compra de gasóleo agrícola e pesqueiro. Esta medida contará cun orzamento de 65 millóns de euros e permitirá que os beneficiarios continúen percibindo a axuda sen necesidade de realizar novos trámites administrativos.

No ámbito pesqueiro, mantense igualmente a compensación polo incremento do prezo dos combustibles para a frota, cunha dotación adicional de 10 millóns de euros. A subvención cubrirá o 70 % da diferenza entre o prezo medio semanal do combustible e o rexistrado antes do inicio do conflito.

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, estas medidas buscan garantir a viabilidade dun sector considerado estratéxico para a economía española e para a seguridade alimentaria, especialmente nun contexto marcado pola volatilidade dos mercados enerxéticos e das materias primas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información