Amplia oferta de Formación Profesional no sector agrogandeiro e forestal

A Xunta de Galicia ofrece para este curso 2019/2020 unha ampla oferta de formación profesional no sector agrogandeiro e forestal, áreas nas que existe unha alta demanda laboral e oportunidades de incorporación. Ata o vindeiro martes, 2 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o período ordinario de presentación de solicitudes, e de forma extraordinaria poderá realizarse o día 3 de setembro.

Á oferta de formación do ano pasado engádese este ano o novo ciclo formativo de grao medio de técnico en produción agroecolóxica que terá unha duración de 2.000 horas lectivas, impartirase en modalidade ordinaria no CFEA Pedro Murias (Ribadeo), con dous anos de duración. Ademais, haberá tamén unha oferta polo réxime de persoas adultas no CFEA de Sergude (Boqueixón).

Velaquí a oferta formativa de FP agraria en Galicia para este curso

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información