O alumnado de primeiro de Produción Agropecuaria e segundo de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), visitaron o pasado mércores as instalacións da cooperativa Delagro no polígono industrial das Pontes, onde participaron en dúas sesións de formación sobre fertilización e fitosanitarios.
Na xornada, dedicada especialmente ao cultivo de pratenses, persoal do equipo técnico de Delagro fixo un percorrido por este tipo de forraxes, dende a importancia da fertilización na implantación e mantemento das pradeiras, pasando polas variedades comerciais de gramíneas e de trevos, ou o uso de fitosanitarios para controlar as herbas adventicias.
A visita proseguiu cunha visita ás instalaciósn do complexo industrial de Delagro en As Pontes, tanto a parte de almacén como a planta de fertilizantes. Tralo xantar, a xornada proseguiu cunha visita á Casa do Mel de Goente, en As Pontes, un referente na apicultura en Galicia.