Alumnado da EFA Fonteboa participou en Madrid na Gira Jóvenes de Coca-Cola para fomentar o emprendemento e o compromiso social

Foto da gala final na que aparecen, de esquerda a dereita: Lucía Gaute, Brais Grille, Nicolás Matos, Paula Suárez, Pablo Senande e Pablo Rodríguez.

Foto da gala final na que aparecen, de esquerda a dereita: Lucía Gaute, Brais Grille, Nicolás Matos, Paula Suárez, Pablo Senande e Pablo Rodríguez.

Os alumnos de 1.*º do Ciclo Formativo de Grao Medio de Produción Agropecuaria do Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, situado en Coristanco, participaron na 14.*ª edición de  Gira Jóvenes de Coca-Cola e asistiron á gala final celebrada en Madrid.

Este programa, impulsado por Coca-Cola, leva 14 anos promovendo iniciativas dirixidas a xente nova co obxectivo de fomentar o emprendemento, a innovación e o compromiso social. A través de dinámicas e directrices proporcionadas pola organización, os participantes desenvolven proxectos aliñados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), contribuíndo a mellorar a súa contorna e fortalecendo as súas habilidades persoais e profesionais.

Nesta iniciativa participan cada ano máis de 40 centros educativos de toda España, distribuídos por zonas xeográficas (norte, sur, leste e centro) e divididos en dúas categorías: rural e urbana. O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa compite na categoría rural.

Tras unha fase inicial, os equipos clasificados acceden a semifinais, que se celebran en modalidade en liña enfrontando a centros de cada zona. Destas semifinais sae un único representante por zona e categoría. Nesta edición, o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa logrou clasificarse como representante da zona norte en categoría rural, o que lle permitiu acceder á gala final.

Na fase final, un total de oito equipos (catro da categoría rural e catro da urbana) compiten por alzarse coa vitoria, resultando finalmente dous centros gañadores: un por cada categoría, un en categoría rural e outro en categoría urbana.

O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa presentou o seu proxecto “Vixia-Forestal”, centrado na prevención de incendios forestais mediante drons e tecnoloxía baseada en intelixencia artificial (IA). A proposta combina sistemas de IA con drons que traballan en rede para detectar posibles focos de incendio nun radio de ata 10 km².

O proxecto foi desenvolvido polos alumnos de primeiro de Produción Agropecuaria do Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, e na gala final foron cinco estudantes quen o defendeu en representación de toda a clase: Lucía Gaute, Brais Grille, Nicolás Matos, Paula Suárez e Pablo Senande. O proxecto contou coa guía dos docentes Pablo Rodríguez e José Manuel Campos.

Aínda que nesta edición o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa non resultou gañador, a súa presenza na gala final supón un importante recoñecemento ao traballo realizado. Cabe destacar que non é a primeira vez que o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa alcanza este nivel, xa que na 12.*ª edición de Gira Jóvenes, celebrada en 2024, o centro proclamouse gañador na categoría rural co seu proxecto “Beeda”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información