Alúgase ou véndese en Outeiro de Rei granxa para 130 vacas en muxido

Alúgase ou véndese en Outeiro de Rei granxa para 130 vacas en muxido

SAT Hedra, unha granxa con capacidade para 130 vacas en muxido, aluga ou vende as súas instalacións en Outeiro de Rei (Lugo), a causa da xubilación dos seus tres socios.

Tamén se inclúe a posibilidade de alugar a súa base territorial: unhas 70 hectáreas. O establo conta tamén con nave para vacas secas e recría e con todos os componentes dunha granxa moderna: cubículos, arrobadeira, dúas fosas de xurro e 7 silos de paredes.

A sala de muxido é unha autotándem de 10 puntos e o tanque de frío ten unha capacidade de 8000 litros.

As persoas interesadas poden chamar ao 626819456. Mellor a mediodía ou a primeira hora da tarde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información