Alúgase granxa de vacún de leite na Baña (A Coruña), por falta de relevo xeracional. Establo con capacidade para 90 vacas en muxido. Totalmente equipado con cornadizas, bebedoiros, comedeiro de aceiro inoxidable, cubículos, arrobadeira…etc.
Dispón tamén de 3 silos de formigón de 40×9 metros. Sala de muxido de 8 puntos marca SAC. Tamén dispón de nave de recría con capacidade para 20 animais.
Tamén se aluga a base territorial, unhas 20 hectáreas próximas ao cortello.
Teléfono de contacto: Dosinda tef.:981894357 / 699651468 Soamente persoas interesadas