
A máxima cotización acadouna ACPI ALTAMESMERIZE 5459 324 , unha xovenca da gandería de Sarria LACPI,S.L.U , que foi vendida en 4250 euros. Foto: Cedida
Este sábado celebrouse a cuarta edición da poxa de gando frisón do municipio lugués de Friol, organizada por Africor Lugo en colaboración co concello.
Na subasta participaron 6 ganderías de toda a provincia cun total de 17 animais: 11 vacas paridas e 6 xovencas. O prezo medio foi elevado, de 3.547 euros, -case 400 euros máis que a media do poxa do ano pasado- cun volume total de vendas de 60.300 euros.
A máxima cotización acadouna ACPI ALTAMESMERIZE 5459 324 , unha xovenca da gandería de Sarria LACPI,S.L.U , que foi vendida en 4250 euros a Gandería Casa Estanqueiro, do concello lugués de Portomarín.
Do total de animais vendidos, 1 foi para unha gandería de Pontevedra, 4 para ganderías da provincia da Coruña e o resto para explotacións da de Lugo.

Galego









Control OJD