A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech Spain primeira empresa de correctores para alimentación animal que obtén a certificación FSSC-2200

Alltech Spain convértese na primeira empresa de produción de correctores mineiro-vitamínicos en obter a certificación de seguridade alimentaria FSSC-22000

Alltech Spain primeira empresa de correctores para alimentación animal que obtén a certificación FSSC-2200

Na súa decidida aposta pola calidade, Alltech convértese na primeira empresa do seu sector en España en obter unha das máis esixentes certificacións en Seguridade Alimentaria, FSSC-22000, para a produción de premixes, pensos complementarios e completos destinados á alimentación animal e de premezclas e pensos complementarios para mascotas.

A norma FSSC-22000 é unha norma recoñecible internacionalmente coa que se pode auditar e certificar un sistema de xestión de inocuidade dos alimentos, que garante a seguridade dos produtos fabricados nas instalacións de Alltech Spain en Almoguera (Guadalaxara). É unha certificación voluntaria, verificada (auditada) por Bureau Veritas, que supón unha extensión do actual sistema de xestión da empresa.

Para Ana Espinosa, Directora de Calidade de Alltech Spain, “esta certificación é unha das máis esixentes en seguridade alimentaria e representa unha garantía adicional para a calidade e seguridade dos nosos produtos en todas e cada unha das etapas dos procesos de produción, almacenamento e entrega”.

Alltech Spain adaptou o seu sistema de calidade a novos aspectos concretos de mellora, que foi necesario abordar para obter a certificación. Esta nova certificación é recoñecida por GFSI (Global Food Safety Initiative) como un “punto de referencia” para garantir a seguridade alimentaria; cabe sinalar que ter unha certificación recoñecida por GFSI é unha gran vantaxe para unha empresa que está a vender aos xigantes do sector, debido ao seu recoñecemento a nivel mundial.

Acerca de Alltech

Fundada en 1980 polo empresario e científico irlandés Dr. Pearse Lyons, Alltech ofrece solucións innovadoras e sustentables para a agricultura. “Os nosos produtos melloran a saúde e o rendemento de plantas e animais, o que resulta nunha mellor nutrición para os consumidores e un menor impacto ambiental”, salientan dende a empresa.

Alltech é un líder mundial na industria da saúde animal, producindo ingredientes especiais, suplementos, premezclas e pensos. Fortalecidos por máis de 40 anos de investigación científica, leva adiante un legado de innovación e unha cultura única que ve os desafíos a través dunha lente empresarial.

Máis de 6.000 membros do equipo en todo o mundo comparten a súa visión ”Planet of Plenty”. “Cremos que a agricultura ten o maior potencial para dar forma ao futuro do noso planeta, pero será necesario que todos traballemos xuntos, liderados pola ciencia, a tecnoloxía e unha vontade compartida para marcar a diferenza”, subliñan dende Alltech.

Alltech Spain é unha das empresas do Alltech Inc. Con sede en Almoguera (Guadalaxara), ocúpase da fabricación e comercialización de correctores mineiro-vitamínicos, alimentos complementarios e alimentos completos especiais, ademais da importación e distribución da completa gama de aditivos para alimentación animal de Alltech.

Para obter máis información, visite www.alltech.com/es-es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *