O mundo podería estar ao alcance da man para estudantes de todo o planeta a través do cuarto Alltech Corporate Career Development Program, celebrado cada ano. Está aberta a convocatoria para o envío de solicitudes online do 17 de agosto ao 30 de setembro. Alltech invita a recentes titulados universitarios que teñan titulación de grao ou licenciatura, ou Máster, a enviar a súa solicitude para o programa, que comezará en febreiro para o grupo de 2016.
Atractivas oportunidades agardan a dez titulados universitarios de alto nivel entusiasmados por traballar con expertos nos campos da ciencia, a acuicultura, a agricultura e a gandaría, a mercadotecnia e as vendas, a ciencia veterinaria, as tecnoloxías da información, os negocios e a biotecnoloxía. Alltech ten como obxectivo formar futuros líderes na industria da agroalimentación, e valora o desenvolvemento do talento a longo prazo a través do Alltech Corporate Career Development Program, que empezou en 2012. A compañía de saúde e nutrición animal está presente a nivel global en 128 países, e vai camiño de converterse nun negocio de catro mil millóns de dólares nos próximos anos.
Unha oportunidade única na súa vida profesional
“Esta é unha oportunidade única que marcará un antes e un despois na vida dos recén graduados, permitíndolles interactuar con compañeiros de profesión doutros países, desenvolver tanto as súas habilidades técnicas como interpersoais, e compartir as súas ideas frescas e innovadoras” dixo a doutora Aoife Lyons, directora de iniciativas formativas en Alltech. “En anteriores edicións doCareer Development Program, os participantes traballaron nunha diversidade de campos, que inclúen auditoría interna en Latinoamérica, a coordinación das iniciativas formativas de Alltech, e o desenvolvemento do mercado da ciencia do cultivo en Alemaña. Loitamos ao máximo para conseguir combinar os intereses dos aspirantes seleccionados para o programa coas necesidades globais de Alltech”.
O Programa, de doce meses de duración, supervisado por mentores de Alltech e cun salario asignado, empezará cun período de formación intensiva na sede central mundial de Alltech, en Lexington, Kentucky, Estados Unidos, onde os titulados universitarios estudarán temas que inclúen a enerxía sostible, as comunicacións, a mercadotecnia e os negocios internacionais. A continuación, proseguirán a súa formación e desenvolvemento á vez que traballarán en varios proxectos clave para a compañía nalgunha das oficinas que Alltech ten no mundo, guiados e tutelados por directivos veteranos.
Experiencias dos estudantes en Alltech
Cody Hutchins, dos Estados Unidos, foi incorporado ao Programa o ano pasado, e actualmente encóntrase traballando en múltiples proxectos en Beijing, China. Un deles consiste nunha nova colaboración con cinco empresas punteiras para crear unha explotación porcina sostible; ademais, tamén está a axudar nunha estratexia comercial para os mercados da acuicultura e das algas en China.
“A miña experiencia en Alltech foi incrible, e non deixa de marabillarme coa cultura apaixonada que fai que a empresa creza” dixo Hutchins. “Alltech realiza o magnífico labor de equipar as persoas para actuar con celeridade cando xorden as oportunidades. O resultado é un ámbito vertixinoso, divertido e emocionante. Se queres unirte para resolver algúns dos problemas máis incitantes do noso mundo, mentres viaxas e aprendes a través da experiencia, non o dubides e envía a túa solicitude. ”
Invitamos aos titulados universitarios interesados a presentar a súa solicitude dentro do prazo que vai do 17 de agosto ata o 30 de setembro a través da páxina web Alltech Career Development Program. Os candidatos deberían ser persoas cun forte sentido de equipo, con excelentes habilidades para a comunicación e con gran soltura en inglés, ademais doutro idioma como vantaxe engadida.