A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech presenta o seu informe de sustentabilidade 2020 reafirmando o seu compromiso de apoiar “un planeta de abundancia”

Alltech presenta o seu informe de sustentabilidade 2020 reafirmando o seu compromiso de apoiar “un planeta de abundancia”

Cando se cumpre o primeiro aniversario do seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas, co Pacto Mundial das Nacións Unidas e coa iniciativa dos Obxectivos de Base Científica,  Alltech deu a coñecer o seu Informe de Sustentabilidade 2020. Ademais de reflectir a visión de Alltech para un Planeta de Abundancia, esta presentación reafirma o aliñamento da compañía cunha crecente rede de organizacións de todo o mundo, que están unidas na súa misión de construír un futuro máis sustentable.

“Como compañía global que abarca toda a cadea completa de subministración de alimentos, estamos nunha posición privilexiada para ter un impacto positivo nunha gama diversificada de sectores”, afirmou o Dr. Mark Lyons, presidente e CEO de Alltech. “O Pacto Mundial axudounos a proporcionar a dirección, o valor e o aliñamento a proxectos existentes, e a inspiración para outros novos. O contido deste informe recolle o noso chamamento aos nosos clientes para que se unan a nós nun esforzo colaborativo para adoptar novas tecnoloxías, mellorar as prácticas comerciais e abrazar a innovación para crear un planeta de abundancia”.

Como parte do seu compromiso coas Nacións Unidas, asinado o 12 de xullo de 2019, Alltech anunciou o seu enfoque específico en 9 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas (ODS), nos cales a compañía sentía que podía ter a maior repercusión posible debido ao seu aliñamento coas súas actividades principais. Os  “ODS” seleccionados incluíron: Fame Cero, Saúde e Benestar,  Educación de Calidade,  Igualdade de Xénero, Traballo digno e Crecemento Económico, Acción polo clima, Vida Submarina, Vida de Ecosistemas Terrestres e Alianzas para Conseguir os Obxectivos.

O Informe de Sustentabilidade 2020 de Alltech detalla as actividades fundamentais que apontoan a estes ODS  escollidos, incluíndo a certificación de produtos da compañía por parte de Carbon Trust, as iniciativas para a educación, o apoio ás mulleres na agricultura e a gandaría, e a implementación de 40 anos de investigación en nutrición animal para a promoción da saúde humana. O informe tamén reafirma o compromiso de Alltech co Pacto Mundial das Nacións Unidas (UNGC). O UNGC brinda ás empresas un sistema de valores e un método baseado en principios para realizar negocios. Alltech pon todo o seu empeño en operar de maneira que cumpra coas súas responsabilidades fundamentais nas áreas dos dereitos humanos, o traballo, o medio ambiente e a loita contra a corrupción. A compañía continúa incorporando o Dez Principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas na súa estratexia, nas súas políticas e nos seus procedementos.

Compromiso de Alltech cos obxectivos da ONU de desenvolvemento sustentable

Conxuntamente coa firma do Pacto Mundial das Nacións Unidas, Alltech tamén asumiu un compromiso coa iniciativa Obxectivos de Base Científica, que foi deseñada para axudar ás empresas a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro e a compartir os seus logros mediante unha documentación e uns informes transparentes. Alltech comezou a recoller datos para o primeiro ano, e a continuación establecerá un punto de referencia comparativo para coñecer como se avanza en diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro e en reducir o consumo de enerxía e de auga.

En decembro de 2019, Alltech tivo a extraordinaria honra de recibir ao Consello de Seguridade das Nacións Unidas na súa sede central, en Kentucky, Estados Unidos. A embaixadora de Estados Unidos, Kelly Craft, orixinaria de Kentucky, elixiu a Alltech como anfitrioa da reunión, especialmente debido ao compromiso da compañía co Pacto Mundial das Nacións Unidas e á súa dedicación ao nove Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Os 13 membros que asistiron á reunión representaban a Estados Unidos, China, Polonia, Perú, Rusia, República Dominicana, Indonesia, Vietnam, Bélxica, Kuwait, Guinea Ecuatorial, Tunes e San Vicente e as Granadinas.

O interese entusiasta que o Consello de Seguridade mostrou pola visión de Alltech acerca dun Planeta de Abundancia e dos seus compromisos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, representa unha considerable oportunidade para que Alltech lidere cambios positivos na industria da agroalimentación. “Estamos encantados de conseguir este fito na viaxe que comezou en 1980”, comentou Deirdre Lyons, cofundadora e Directora de Imaxe Corporativa e Deseño de Alltech. “A nosa misión guiada polo noso propósito de beneficiar aos animais, aos consumidores e ao medio ambiente e de marcar a diferenza no mundo que nos rodea ten un novo marco para o éxito que nos axudará guiándonos no futuro”, asegurou. 

¡Pulse aquí para ler o texto completo do Informe de Sustentabilidade 2020 de Alltech.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *