A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech® lanza Planet Of Plenty™, unha ferramenta ao servizo de gandeiros e agricultores para reducir a pegada de carbono

Creada por Alltech consiste nunha ferramenta que permite aos agricultores e gandeiros coñecer a Pegada de Carbono que se xera nas súas explotacións, as tecnoloxías precisas para a súa redución e a documentación necesaria para certificar a súa actividade e o seu produto.

Alltech® lanza Planet Of Plenty™, unha ferramenta ao servizo de gandeiros e agricultores para reducir a pegada de carbono

No seu afán por axudar a gandeiros e agricultores, Alltech creou Planet of Plenty™: unha ferramenta que axuda ao sector a reducir a Pegada de Carbono das súas explotacións conseguindo incrementar a sustentabilidade ambiental e económica dos seus negocios.

Moitas fontes agrícolas e gandeiras non son conscientes dos gases de efecto invernadoiro que liberan á atmosfera debido ao seu traballo utilizando máquinas de cultivo, pola fabricación de agroquímicas, o uso de fertilizantes, vacas e o seu metano…

Actualmente, o planeta está a un paso de incrementar a súa temperatura en máis de 3 graos, o que tería consecuencias terribles para a vida na Terra.

Minimizar o impacto ambiental que xeran as actividades agrícolas e gandeiras non só é necesario e beneficioso para o medio ambiente, senón tamén para a rendibilidade e coidado dos procesos, dos animais e das plantas. Cando os profesionais do sector reducen a Pegada de Carbono, reducen o uso de fertilizantes e outros produtos innecesarios, aforrando custos en materiais.

Planet of Plenty axuda os agricultores e gandeiros a saber cal é a Pegada de Carbono que xeran as súas explotacións para desta forma poder actuar sobre ela. Para conseguilo aplica unha metodoloxía baseada en catro pasos:

1. Mide a Pegada de Carbono existente nas explotacións.
2. Asesora sobre aquelas prácticas que se poden aplicar para a súa redución.
3. Recomenda as solucións técnicas máis adecuadas a cada proxecto.
4. Emite os documentos necesarios para a certificación de sustentabilidade conforme á normativa internacional.

Ademais, grazas a esta ferramenta creada por Alltech, os agricultores e gandeiros conseguirán aforrar enerxía debido a que se mellora a eficiencia das instalacións, conseguindo facturas máis baixas. Tamén, aplicando as medidas necesarias, poden acceder ao eco-esquemas da PAC e, con iso, abrirse camiño a novos mercados e oportunidades de negocio.

En definitiva, falamos dun proceso que non só axuda a potenciar a produtividade, senón que coida de todos os seres do planeta e contribúe a loitar contra o cambio climático.

Se temos en conta que unha recuperación sustentable pode chegar a reducir até 25% as emisións de gases de efecto invernadoiro previstas para 2030 e limitar o quecemento global a 2°C, non hai dúbida de que Planet of Plenty non é soamente unha ferramenta util para o sector agrícola e gandeiro, senón tamén para o medioambiente. É por esta razón pola que Alltech propón “soñar alto, cos pés na terra”, e empezar polos cambios que uno mesmo pode facer e reducir a Pegada de Carbono, é sen dúbida, un gran paso ao alcance de todos.

Sobre Alltech

Alltech mellora a saúde e o rendemento dos animais, e as plantas a través da nutrición e a innovación científica. Ten a súa sede central en Lexington (Kentucky, E.E. U.U.), máis de 6.000 traballadores, e unha forte presenza en todos os países.

A empresa réxese baixo o principio ACE: Animal, Consumer, Environment: busca desenvolver solucións tecnolóxicas que sexan seguras para os animais, os consumidores e o medio ambiente.

Utiliza un conxunto de ferramentas para diagnosticar e analizar os aspectos crave no rendemento da explotación. Posteriormente, os seus técnicos recomendan as solucións técnicas máis adecuadas, que poden lograr un incremento da produción e da rendibilidade de forma sustentable en todas as especies animais, así como na produción agrícola.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *