A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech adquire Solbiosur, unha empresa española especializada en solucións para cultivos agrícolas e hortícolas

Alltech adquire Solbiosur, unha empresa española especializada en solucións para cultivos agrícolas e hortícolas

Joaquín Martínez (director xerente de Solbiosur) e Jomi Bernad Blanch (director rexional de Alltech para España e Portugal) na firma da adquisición.

Alltech, unha empresa global de saúde e nutrición animal, adquiriu Solbiosur, unha empresa española especializada en solucións para cultivos agrícolas e hortícolas. Solbiosur conta cunha boa reputación en España como provedor de solucións innovadoras en agricultura e horticultura para mellorar o rendemento e a eficiencia dos produtores. Ao longo de máis de 10 anos, Solbiosur fabricou e distribuíu solucións en agricultura e horticultura respectuosas co medioambiente e rendibles para o agricultor. Coa chegada de Solbiosur á familia de empresas de Alltech, os produtores agrícolas e hortícolas de toda Europa poden beneficiarse de solucións nutricionais de gran calidade e eficiencia.

“Solbiosur colaborou con Alltech durante o últimos cinco anos”, sinalou Jomi Bernad Blanch, director rexional de Alltech para España e Portugal. “A nosa unión aumentará a nosa capacidade de ofrecer un maior valor aos nosos clientes do sector agrícola e hortícola. Grazas á primacía científica de Alltech e á capacidade de distribución e ao alcance de Solbiosur, agora contamos cunha combinación gañadora que achegará maior eficiencia e rendibilidade de forma directa aos nosos clientes”.

“A nosa unión aumentará a nosa capacidade de ofrecer un maior valor aos nosos clientes do sector agrícola e hortícola”

Alltech e Solbiosur identificaron posibles oportunidades de crecemento, que poden incluír novos desenvolvementos de produto e unha ampliación das rutas de comercialización.

“Esta é unha oportunidade única para o crecemento do noso negocio, non só en Europa, senón en todo o mundo”, destacou Steve Borst, director xeral de Alltech Crop Science. “Estamos moi contentos coa chegada de Solbiosur ao equipo de Alltech Crop Science, e entusiasmados polo servizo ao cliente que nos permitirá ofrecer na rexión. As dúas empresas caracterízanse por ter unha visión sumamente avanzada sobre o futuro da agricultura e as tecnoloxías que se precisan para mellorar a saúde dos cultivos, garantindo ao mesmo tempo unha xestión ambiental rigorosa. Este é un momento emocionante para os dous negocios e estamos ansiosos por materializar as oportunidades de crecemento que traerá2.

A unión das dúas empresas establece un centro agrónomo de excelencia en Europa e achega maiores rutas de comercialización.

“Coa chegada á familia Alltech, o futuro de Solbiosur preséntase brillante”, afirmou Pedro Navarro, director comercial de Solbiosur. “Alltech é un reputado líder no sector agrícola que ofrece solucións nutricionais tanto en produción animal como de cultivos. A nova andaina de Solbiosur da man de Alltech reforzará a nosa capacidade de brindar solucións nutricionais en agricultura e horticultura a un mercado máis amplo grazas á actividade de Alltech en máis de 120 países de todo o mundo”.

A fabricación de Solbiosur seguirá situada en Murcia, desde onde se realizará tamén a distribución, tendo en conta da posición privilexiada da rexión como unha das zonas hortícolas máis grandes de Europa. Solbiosur estará dirixida por Pedro Navarro, que informará directamente a Jomi Bernad Blanch. Xuntas, Alltech e Solbiosur empregan a máis de 40 traballadores en España e a máis de 5000 persoas en todo o mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *