A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Alltech adquire Ideagro, empresa líder na investigación e desenvolvemento de ensaios no sector agroalimentario

Este movemento supón a unión de dúas compañías líderes baixo o propósito de obter mellores solución biolóxicas baseadas en microorganismos. Isto supón un impulso á investigación sobre o solo e os cultivos de cara a súa produción agrícola mundial

Alltech adquire Ideagro, empresa líder na investigación e desenvolvemento de ensaios no sector agroalimentario

De esquerda a dereita) Mike Castle, Chief Operating Officer, Alltech; Pedro Palazón, CEO, Ideagro; Dr. Mark Lyons, President and CEO, Alltech; Andy Thomas, CEO, Alltech Crop Science; Christopher Speight, Chief Financial Officer, Alltech. Fonte: Alltech

Co obxectivo de fortalecer o seu compromiso de Working Together for a Planet of Plenty™, Alltech Crop Science adquiriu Ideagro, empresa con sede en Murcia, España. Esta adquisición une a dúas compañías líderes para impulsar a investigación sobre o chan e os cultivos, o que mellorará a oferta de produtos biolóxicos baseados en microorganismos da división agrícola de Alltech.

“Comprácenos anunciar que Ideagro únese á familia de empresas de Alltech, ao ser un aliado que comparte a nosa visión e impulsa dun xeito significativo as nosas capacidades de investigación”, sinalou o CEO de Alltech Crop Science, Andy Thomas. “Esta adquisición representa a consolidación dunha longa colaboración posto que traballamos estreitamente co equipo de Ideagro desde a súa fundación hai 11 anos”.

Ideagro é unha empresa líder na investigación e o desenvolvemento de ensaios no sector agroalimentario, cun equipo formado por máis de 20 científicos comprometidos con mellorar a produtividade e a rendibilidade dos sistemas agrícolas. Os coñecementos de Ideagro na promoción de microorganismos beneficiosos para os chans optimiza o crecemento dos cultivos, reduce o impacto prexudicial dos produtos químicos e axuda ás plantas a reforzar as súas defensas. As súas capacidades analíticas “con énfase na investigación in vitro, a fitopatoloxía, a dinámica de chans e os microorganismos” permiten detectar microorganismos e determinar a actividade encimática do chan.

“Estamos ante unha gran oportunidade de crecemento para Ideagro porque imos dispor de mellores medios e de maior capacidade tecnolóxica para desenvolver as nosas investigacións, que agora terán unha proxección global”, sinalou o CEO de Ideagro, Pedro Palazón. “Xa non só estudaremos os chans da península Ibérica senón que traballaremos con chans de todo o mundo para lograr unha agricultura máis sustentable e respectuosa co medio ambiente”, avanza.

Ideagro conta con laboratorios de última xeración e instalacións e campos de investigación experimental para a realización de ensaios nos que até a data, estudáronse máis de 90 cultivos diferentes e realizáronse máis de 10 mil análises físico-químicas e biolóxicas. Isto fixo posible o desenvolvemento de novas estratexias agrícolas baseadas no uso dos microorganismos.

Os tres laboratorios de Ideagro contan coas tecnoloxías máis avanzadas para enfocarse nos nutracéuticos, a fitopatoloxía, a investigación e o desenvolvemento, e a bioloxía molecular. Os seus servizos inclúen desde diagnósticos, identificación e semicuantificación (precisos) de máis de 290 microorganismos en diferentes cultivos, ao deseño de sensores especiais para microorganismos, ou á análise de micotoxinas.

“A especialización de Ideagro, unida co alcance de Alltech, permitiranos compartir co sector os coñecementos que temos sobre a relación do chan, os cultivos, os animais e a saúde das persoas”, engadiu Andy Thomas. “A transcendencia destes coñecementos non poden subestimarse a medida que nos esforzamos para mellorar o noso importante sistema alimentario mundial desde o chan”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *