O Concello de Allariz acollerá o vindeiro sábado 12 de setembro a novena edición da Feira dos Produtos Apícolas, un evento xa consolidado que ten como fin promover o sector, visibilizar o mel e os seus derivados, e sensibilizar sobre a importancia das abellas no ecosistema. A programación foi presentada polos concelleiros Bernardo Varela e María López xunto a Antonio García e Afonso Vasalo, representantes da Asociación Galega de Apicultura (AGA).
A feira desenvolverase na Praza do Matadoiro de 10:00 a 20:00 horas. Pola mañá, tras a apertura, celebrarase ás 12:00 horas o obradoiro infantil “Tres en raia apícola”, impartido por Marga Miguens, para o que se require inscrición previa a través do correo alacenadoulla@hotmail.com.
Pola tarde, a axenda continuará ás 16:00 horas cunha sesión de introdución á apicultura a cargo de Joaquín Lozano, seguida ás 18:00 horas do espectáculo “Unha noite no muíño…”, da compañía A Trastenda dos Contos. Ás 19:00 horas, Alberto Fernández ofrecerá unha charla-degustación combinando queixo e mel local. O evento pecharase ás 20:00 horas co sorteo de dúas cestas con produtos da feira.
Galego









Control OJD