Alimentación das vacas con leguminosas: leite máis san e con menos custos

Resumo da ponencia de César Resch Zafra na xornada técnica do CIAM "Novas leguminosas anuais nas rotacións forraxeiras para a produción de leite: Aspectos Agronómicos e nutricionais".

Alimentación das vacas con leguminosas: leite máis san e con menos custos

Mestura de raigrás e trebos.

Cal é o tipo de alimentación para o vacún que permite obter un leite máis san e con menores custos de produción? Esta é a pregunta á que respondeu o investigador César Resch Zafra, da equipa de Nutrición Animal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), durante a súa intervención na xornada “Novas leguminosas anuais nas rotacións forraxeiras para a produción de leite: Aspectos Agronómicos e nutricionais”, celebrada o pasado 19 de decembro na sede do CIAM.

E como veremos a continuación, os cultivos de leguminosas anuais son unha alternativa moi interesante para as explotacións lácteas galegas, xa que permiten obter leite de máis valor nutricional e con menos custos de produción.

Catro tipos de dietas:

O que a equipa de Nutrición Animal da que forma parte César Resch investigou foi en qué medida as distintas combinacións de raigrass, leguminosas, concentrado e soia na dieta das vacas de leite repercute tanto na produción como na calidade do leite. A proporción de millo mantívose estable nas catro dietas, nun 25% da ración.

As catro racións obxecto de análise foron as seguintes:

CESAR_RESCH_LEGUMINOSAS_02_STANDARA investigacións realizouse sobre 24 vacas frisonas, que partían nunha produción media previa ao ensaio sen correxir 32.9 litros diarios.

A duración do ensaio foi de 84 días, repartidos en períodos de tres semanas, e recolléronse dúas mostras por vaca e día durante tres días en cada período, o que fan un total 576 mostras de leite.

Tanto o manexo do gando como as instalacións adaptáronse para garantir a maior fiabilidade do ensaio.

Resultados: a produción de leite case non varía pero si a calidade do leite

Os resultados da investigación da equipa de Nutrición Animal presentados por César Resch conclúen que a produción de leite prácticamente non se viu afectada pola composición da ración, tal e como se aprecia neste recadro:

CESAR_RESCH_LEGUMINOSAS_03_STANDARPola contra, si que se aprecian cambios na composición do leite, sobre todo na urea, que aumenta consonte aumenta a porcentaxe de leguminosas.

Así se aprecia neste recadro:

CESAR_RESCH_LEGUMINOSAS_04_STANDARA máis leguminosas e menos soia e raigráss, máis ácidos graxos saudables

Pero tamén se aprecian variacións nos ácidos graxos saturados, a chamada graxa mala, que coa dieta 4, a máis rica en leguminosas, baixou en máis de 2 puntos, con respecto a dieta 1, máis baseada na soia, no millo e no raigrás.

Pola contra, os ácidos graxos polinsaturados, os saudables, aumentan nas dietas máis ricas en leguminosas -3 e 4- en case 0,3 puntos.

CESAR_RESCH_LEGUMINOSAS_05_STANDARRepercusión económica: Até 1.500 € de aforro ao mes nunha explotación de 100 vacas

Ademais da cantidade e da calidade do leite, outro dos aspectos que analizou a equipa de Nutrición Animal do CIAM é que custo económico ten para a explotación optar por un ou outro tipo de ración.

Partindo un consumo de 21 kg de materia seca por vaca e día, o investigador do CIAM comparou o tratamento 1, cun 25% de soia e un 50% de raigrás, fronte ao tratamento 4, cun 50% de leguminosas, un 17% de concentrado e só un 8% de soia.

CESAR_RESCH_LEGUMINOSAS_06_STANDAR

O concentrado das vacas do tratamento I leva *3,9 kilos máis de soia que no caso do grupo IV, no que son *3,9 kilos máis dun concentrado do 26% de proteína bruta.

O concentrado das vacas do tratamento I leva *3,9 kilos máis de soia que no caso do grupo IV, no que son *3,9 kilos máis dun concentrado do 26% de proteína bruta.

Sen ter en conta custe de forraxes, a diferencia de prezo deses 3,9 kilos son:
Soia 440€/Tm
Mestura do 26% PB 310€
Por vaca e día son 3,9 x 0,130 = 50 céntimos

É dicir, nunha explotación de 100 vacas, o aforro sería de 50 euros diarios e 1.500 € ao mes.

*Os 3.9 kilos de diferencia son os 3.57 kilos de diferencia entre a dieta I e IV pero en materia fresca, na taboa están expresados en materia seca, como o concentrado ten un 90% de materia seca estes 3.57kg de penso en ms convirtense en 3.9 de penso comercial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información