A VI edición de Alimagro, a Feira do Agro da Limia, volverá ser o escaparate do sector agrario en Xinzo de Limia (Ourense) desde este venres e ata o vindeiro domingo, 7 de setembro.
Esta nova edición inclúe no seu programa a Feira da Pataca e a Feira da Maquinaria, unha ampla exposición coas últimas novidades presentes no mercado.
O venres, 5 de setembro a feira contará cun prólogo moi centrado na produción e a comercialización da pataca. É a terceira Xornada Técnica da Pataca, e que dedicará especial atención á sanidade vexetal, á eficiencia na fertilización e á calidade e cantidade de auga para a rega.
Recoñecida como unha das dez principais feiras do sector en España, Alimagro é unha iniciativa organizada polo Concello de Xinzo de Limia, consolidándose como un referente nacional no seu ámbito.
A Feira da Pataca celébrase no polideportivo da localidade, que acollerá a numerosos expositores. Entre eles, estarán presentes algunhas das empresas máis destacadas do sector do cultivo da pataca, tanto a nivel galego como nacional, que presentarán as súas últimas innovacións, produtos e técnicas agrícolas.
Pola súa banda, a Feira da Maquinaria rodeará o Parque do Toural e estenderase ao longo da rúa Dous de Maio. Empresas de maquinaria presentarán unha representación das principais marcas, con todas as novidades sobre a innovación enfocada á agricultura.
Programa:

Galego









Control OJD