A Alianza polo Rural cuestiona o Plan Forestal

A Alianza polo Rural cuestiona o Plan Forestal

Masa de carballos e frondosas. / Arquivo.

A Alianza polo Rural, unha plataforma de organizacións do ámbito nacionalista (Adega, Cig, Fruga e Organización Galega de Comunidades de Montes), cuestiona que a Xunta queira aprobar a comezos do 2021 o Plan Forestal. Desde a óptica da Alianza, o documento leva ano e medio bloqueado, sen ser obxecto de debate parlamentario nin sectorial, polo que considera que corresponde volver a poñelo sobre a mesa antes da súa aprobación.

As organizacións que conforman a plataforma pregúntanse se o Plan que se vai aprobar é o mesmo que se someteu a exposición pública no 2018 ou se tivo cambios sustanciais. En calquera caso, a Alianza considera que a versión coñecida do Plan Forestal está baseada en datos do Inventario Forestal do 2009, polo que considera que se trata de datos desfasados e que compre esperar por un inventario forestal máis actualizado antes de tomar decisións.

Os colectivos que critican o Plan consideran ademais que houbo falta de participación social no seu deseño, pois sinalan que non tiveron contestación ás alegacións presentadas no 2018.

Por último, a Alianza valora que os procesos lexislativos en marcha (reforma da Lei de Prevención e Extinción de Incendios, Lei de Recuperación de Terras Agrarias) e os proxectos anunciados pola Xunta no ámbito forestal, como unha planta de fibras téxtiles (viscosa), aconsellan agardar para a aprobación do Plan Forestal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información