Alertan da morte de 5 vacas enfermas de EHE tras ser vacinadas da lingua azul

O Sindicato Labrego insta a Medio Rural a paralizar a campaña de vacinación de lingua azul. Pide que se constitúa un gabinete técnico de urxencia para xestionar a simultaneidade das dúas doenzas

Alertan da morte de 5 vacas enfermas de EHE tras ser vacinadas da lingua azul

Animal afectado por EHE. / Archivo.

Cinco vacas dunha granxa da provincia de Ourense enfermas de EHE morreron ás poucas horas de seren vacinadas da lingua azul, segundo asegura o Sindicato Labrego en nota de prensa. A organización agraria sinala que “malia que o gandeiro propuxo adiar a vacinación (dada a situación de enfermidade dos animais), o persoal veterinario da Consellaría desbotou esa posibilidade e seguiu co proceso, dando lugar finalmente á morte dos animais”, sostén o Sindicato Labrego.

“Esta circunstancia ten pasado máis veces. Non é un caso illado” -sostén a organización agraria-. “E é moi grave, porque estamos a falar de que a xestión sanitaria dunha doenza incrementa as consecuencias negativas doutra ca que convive”.

Ante esta situación, o Sindicato Labrego solicita a paralización inmediata da campaña de vacinación da Lingua Azul en áreas onde pode estar en curso a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica, así como a constitución dun gabinete técnico de urxencia con participación das organizacións agrarias.

A organización agraria, pola súa banda, opina que o criterio máis acaído sería a suspensión definitiva da vacinación da língua azul nas granxas de vacún, pois considera que a enfermidade está a transcurrir sen graves efectos nos rabaños, en tanto a vacina presenta en ocasións importantes efectos secundarios.

“Dende o momento en que comezou a ser administrada a vacina da lingua azul, multitude de granxas reportaron efectos adversos nunha significativa proporción da cabana gandeira, entre os que destacan as mortes e abortos. De feito, xusto o ano pasado por estas mesmas datas comunicámonos ca Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura ante a persistencia de problemas con esta vacina e o deseño da propia campaña en si”, sinala o Sindicato Labrego.

“A cuestión -valoran- é que as consecuencias negativas da vacina da lingua azul non só continúan a día de hoxe, senón que o escenario co que nos atopamos este ano é moito peor debido ás súa simultaneidade ca Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE)”, conclúen.

Medio Rural aclara que as granxas poden retrasar a vacinación de lingua azul

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información