A cooperativa agroalimentaria AIRA SCG presenta AIRA CREA, un novo programa cultural que reúne seis certames artísticos baixo un mesmo eixo temático: a relación entre a terra, as persoas e o futuro compartido do rural galego. Escultura, fotografía, poesía, música, relato breve e audiovisual conforman esta iniciativa destinada a promover o talento creativo en Galicia e a reforzar os valores de identidade, cooperación e comunidade.
AIRA aposta por un programa cultural con raíz que nace do día a día das súas granxas. “AIRA CREA reúne distintas disciplinas artísticas para poñer en valor o que somos: a dignidade do traballo das familias socias, a beleza do territorio e o vínculo profundo entre a terra e quen a coida. Non é só un proxecto artístico: é unha maneira de contar, con voz propia, o orgullo cooperativo compartido e a capacidade do rural galego para crear futuro”, indican dende a Cooperativa.
Ademais, este programa cultural crea un espazo de diálogo artístico sobre como a terra e a vida en comunidade xeran valor, identidade e futuro compartido, tendendo pontes entre a arte e o territorio rural e reforzando o compromiso coa cultura, a cooperación e un rural vivo, creativo e conectado co mundo.

Galego








Control OJD