Agromuralla insiste na necesidade de afrontar os danos causados polo xabarín

Recriminan que, pese ás perdas, se manteñan políticas que consideran ineficaces na xestión da especie e que seguen sen atallar os problemas nos cultivos

Agromuralla insiste na necesidade de afrontar os danos causados polo xabarín

Danos nunha finca ocasionados polo xabarín. // Foto de arquivo.

O colectivo de gandeiros Agromuralla reclama de novo á Xunta actuacións concretas para frear os danos causados polos xabaríns nos cultivos e que ocasionan importantes perdas ós produtores. Insisten en que esta situación provoca, ademais, que moita xente estea deixando de sementar determinados cultivos non só para alimentación do gando senón para autoconsumo, o que está a incrementar tamén o abandono da terra.

O colectivo xa tramitara con anterioridade esta petición, na que agora volve insistir nun momento no que dende distintos colectivos están a solicitar accións para unha xestión do xabarín que reduza a incidencia desta fauna nos cultivos. Hai pouco máis de tres meses levábase a cabo unha protesta en Santiago, organizada polo Sindicato Labrego Galego e a Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa) para esixir solucións ante esta problemática. Mentres, esta mesma semana o sindicato Unións Agrarias presentaba unha Iniciativa Lexislativa Popular para reclamar cambios na xestión da especie.

Dende o colectivo gandeiro Agromuralla recriminan que a petición dun cambio na xestión desta especie sexa rexeitada dende algúns sectores conservacionistas. Afean que non valoren os esforzos que está a facer a poboación do rural pese ás perdas que sofren nos seus cultivos e que dificultan a viabilidade da actividade agrícola e gandeira en moitas zonas de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información