Agromuralla e a asociación OPL aconsellan non asinar os contratos con “baixadas inasumibles” no prezo do leite

A protesta rematou diante da Subdelegación do Goberno, a quen reclaman que se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria

As asociacións de gandeiros e gandeiras OPL e AGROMURALLA, que reúnen preto de 1000 produtores de leite de vaca en todo o territorio español denuncian a baixaca de prezos do leite en orixe que traen as industrias nos contratos que están a sacar estes días para renovar.

Galicia é a Comunidade Autónoma na que se produce ao redor do 40% do volume de leite a nivel do Estado e, á súa vez, é a Comunidade Autónoma na que primeiro se renovan os contratos lácteos, polo cal os prezos que se asinen en Galicia van marcar a tendencia dos prezos que se van a pactar no resto de España nos próximos meses.

Agromuralla e OpL recoñecen que “é certo que as industrias xa anticiparon unha baixada dos prezos coas ofertas que fixeron hai dous meses, segundo prescrición legal, matizando que a baixada non ía ser tan acusada como se anunciaba nas ofertas”. A sorpresa do sector dáse esta semana, cando Leite Río, Lactalis ou Naturleite deron o paso de concretar prezos cunha baixada de entre 7 e 9 céntimos por litro, baixada que, segundo OPL e AGROMURALLA “non está xustificada pois, se botamos unha ollada aos prezos que se están pagando fóra de España, tanto por leite líquido como por nata ou manteiga, nos últimos dous meses foron en aumento, o que non se corresponde co que agora están a argumentar as industrias á hora de negociar os contratos”.

Advirten de que “a preocupación do sector vai en aumento porque a baixada de prezos do leite en orixe coincide co aumento estrepitoso dos prezos do gasóleo, luz, fertilizantes e demais insumos e materias primas que necesitan as granxas, como consecuencia da guerra de Irán”.

Nesta situación, ambas as organizacións recomendan aos gandeiros que “non asinen os contratgos, pois aínda temos tempo para negociar e é necesario presionar á industria láctea para que non baixe os prezos, que de chegar a materializarse, estariamos ante unhas perdas de entre 14 e 18 céntimos por litro, se sumamos a baixada do prezo do leite e a suba de custos de produción”.

Neste sentido, advirten de que “no caso de que as industrias non reconsideren esta postura e as que faltan por entregar os contratos as secunden, desde o sector levaremos a cabo accións contundentes conducentes ao desabastecemento do mercado”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información