Agromuralla cuestiona os contratos que as industrias lles ofrecen ós gandeiros

A asociación entende que as empresas lácteas tratan de impoñer a súa vontade, sen buscar unha relación de igualdade coas granxas. Chama a atención sobre a “falta de interese” das administracións por velar polo cumprimento de acordos

Agromuralla cuestiona os contratos que as industrias lles ofrecen ós gandeiros

Agromuralla súmase ás críticas ós contratos ofertados por Lactalis Puleva.

Este mes de febreiro tócalle a varias industrias renovar os contratos coas súas granxas proveedoras, unha situación que está a xerar tensións no sector. Desde Agromuralla cuestionan as propostas que xa chegaron ás explotacións, en especial o modelo de contrato de Lactalis. A asociación remitiulle comunicacións a Lactalis para conminar á industria a que modifique algunhas das cláusulas que incluíu no seu contrato.

Agromuralla entende que os contratos que propón Lactalis deixan en inferioridade ós gandeiros, polo que pide que se aplique o modelo de contrato homologado aprobado no 2016. O colectivo chama a atención sobre o feito de que cada industria aplique fórmulas distintas para o cálculo do prezo do leite, tanto nos contratos de prezo variable como nas fórmulas mixtas (parte a prezo fixo e parte a prezo variable).

“Hai unha falta de vontade das industrias por manter unha relación de igualdade cos produtores”, manifesta a asociación en nota de prensa. Agromuralla advirte de que as industrias, unha vez máis, declinaron negociar cos gandeiros. Así as cousas, as explotacións teñen que asinar o contrato tal cual llelo poñen diante ou non se asina.

Acordos
Outra das cuestións sobre as que inciden os produtores é sobre a “falta de interese” das Administracións por velar polo cumprimento dos acordos acadados entre as partes. “Non se entende como cada industria aplica índices de referencia diferentes, co sinxelo que é aplicar os publicados pola INLAC, que son obtidos por consenso entre as distintas partes alí representadas”.

Agromuralla, por último, lémbrase dos acordos de Madrid para preguntarse en que quedaran todos aqueles compromisos de que industria e gandeiros ían negociar os contratos en pé de igualdade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información