A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Agroblen Tablet, a nova gama de fertilizantes encapsulados de ICL para forestal, viña e horta

Os abonos Agroblen Tablet proporcionan un aporte de NPK e varios micronutrientes que, ao estar recubertos, poden subministrarse no buraco de plantación. Son unha fertilización para froiteiras, forestal, viñedo e horta

Agroblen Tablet, a nova gama de fertilizantes encapsulados de ICL para forestal, viña e horta

Agroblen Tablet é unha gama de fertilizantes pensados para plantacións froiteiras, forestais, viñedos ou cultivos hortícolas.

A multinacional ICL acaba de lanzar ao mercado Agroblen Tablet, un fertilizante 100% encapsulado a base de nitróxeno, fósforo e potasio (NPK), enriquecido con magnesio e varios micronutrientes. Combina a tecnoloxía patentada de liberación con resina e nutrientes de alta calidade nun produto completo. As tabletas están feitas dun adhesivo ecolóxico que é totalmente hidrosoluble.

Agroblen Tablet preséntase en dúas formulacións (9-20-7+2MgO+CHE e 9-20-7+2MgO+13SO3+CHE) e desenvolveuse para aplicación en campo aberto en froiteiras, forestais, viñedos e hortos, especialmente para novas plantacións, conseguindo a subministración de nutrientes facilmente e ás doses adecuadas. Co contido de NPK totalmente encapsulado, é seguro para usar preto das raíces nos foxos de plantación. Ademais dos macro e mesonutrientes, o produto contén un paquete de micronutrientes: boro, cobre, ferro, zinc e molibdeno.

Entre as vantaxes desta nova presentación hai que recalcar que tanto o NPK como os micronutrientes van totalmente encapsulados, polo que é ideal para aplicación en foxo de plantación. Presenta unha alta concentración de fósforo (P), xa que foi deseñado especialmente para novas plantacións e cunha soa aplicación asegúrase a plantación e a nutrición para toda a campaña. Ademais, a aplicación é sinxela e segura, xa que cada planta recibe exactamente a mesma dose e fortalécese o sistema radicular, axudando a mellorar o establecemento das plantas.

Con Agroblen Tablet hai que usar unha dose menor en comparación cos fertilizantes convencionais e minimízanse as perdas de nutrientes pola auga de choiva ou de rega.

– Consulta aquí recomendacións básicas e máis información sobre o uso de Agroblen Tablet.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *