A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

AgroBank incrementa o seu financiamento ao sector agroalimentario galego até os 975 millóns, un 47,8% máis

A división especializada no sector agroalimentario de CaixaBank pecha o exercicio 2022 con 9.200 clientes agro no país, onde conta con 31 oficinas especializadas AgroBank.

AgroBank incrementa o seu financiamento ao sector agroalimentario galego até os 975 millóns, un 47,8% máis

AgroBank, a división especializada no sector agroalimentario de CaixaBank, financiou ao conxunto da cadea agroalimentaria de Galicia cun total de 974,8 millóns de euros en 2022, o que supón un incremento do 47,8% en comparación co exercicio anterior.

Ademais, a entidade ten actualmente a disposición dos seus clientes galegos 146 millóns de euros en créditos preconcedidos, con dispoñibilidade inmediata, para que estes poidan levar a cabo os proxectos necesarios para impulsar os seus negocios.

AgroBank pecha o exercicio 2022 con 9.200 clientes agro en Galicia, onde conta con 31 oficinas especializadas AgroBank e cun equipo de 96 xestores especializados.

“O importante incremento da cifra de financiamento reflicte a aposta de CaixaBank polo sector agroalimentario e por estar preto dos nosos clientes. No ano 2022, que estivo marcado pola incerteza xerada pola invasión de Ucraína, o sector agro volveu a estar á altura”, afirmou o director territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola.

A proposta de valor de AgroBank ofrece unha ampla carteira de produtos, servizos e ferramentas adaptada ás necesidades dos agricultores, gandeiros ou cooperativistas, ademais dun asesoramento próximo e integral, non só co apoio financeiro, senón tamén mediante planificación conxunta, axuda á formación e especialización.

Para iso, os máis de 3.000 xestores agro de CaixaBank contan cun alto coñecemento do sector e manteñen unha formación continuada e especializada. Así, os responsables de AgroBank teñen coñecementos específicos en función dos tipos de cultivos e gandarías de cada poboación, e os equipos de riscos están especializados nas súas zonas de influencia co fin de que coñezan de preto as necesidades dos clientes e entendan os seus fluxos financeiros.

Oficinas, produtos, Comunidade Agro e AgroTech

A proposta de valor de AgroBank baséase en catro verticais. Como valor diferencial, conta cunha extensa de rede de oficinas presente en todos os territorios nos que o sector agroalimentario xoga un papel preponderante na economía da zona e os equipos especializados que dan servizo aos clientes. Trátase dunha rede de 1.152 sucursais AgroBank, a maior do sector, todas elas cun deseño temático e personalizado en función do principal sector produtivo do territorio onde se sitúan.

Como segundo vertical, atópase o catálogo de produtos, servizos e ferramentas máis completo do mercado, sen esquecer a forte capacidade de financiamento especializado, como o confirming e o factoring, ou a actividade de comercio exterior. Produtos concretos para a conversión a ecolóxico ou para a transformación do oliveiral son algunhas das novidades do exercicio 2022 que xa forman parte do novo catálogo.

O terceiro alicerce son as accións de impulso ao sector onde, a través da Comunidade Agro, clientes e non clientes terán acceso a toda a información que fai que AgroBank sexa referencia no sector, como a participación en feiras e xornadas, a “Cátedra AgroBank de Calidade e Innovación no sector Agroalimentario” da Universitat de Lleida ou a “Cátedra Muller, Empresa e Mundo Rural” coa Universidade de Castela-A Mancha. Ademais, a entidade aposta por plans para fomentar a a remuda xeracional no sector para novos agricultores, centrados no uso de novas tecnoloxías, con formación en innovación, dixitalización e sustentabilidade.

O último vertical da proposta de valor de AgroBank é o AgroTech, para acompañar aos clientes na transición cara a un agro do futuro, baseado na innovación, a dixitalización e a sustentabilidade. Entre as iniciativas, atópase o programa AgroBank Tech Dixital INNovation de aceleración de startup especializadas no sector agro.

Por outra banda, AgroBank colabora de maneira activa coas principais organizacións do sector -tanto a nivel nacional como rexional- a través de convenios de colaboración, e tamén o fai co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, co que en 2022 asinou un convenio para impulsar a innovación, a inclusión da muller rural, a formación en zonas rurais en través de CaixaBank Dualiza e o emprendimiento rural xunto a MicroBank, a maior entidade de microcréditos de Europa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *