Agricultura pide que Europa active medidas de apoio para o vacún de carne

Agricultura pide que Europa active medidas de apoio para o vacún de carne

Gando de recría para cebo.

O Ministerio presentará unha declaración na próxima reunión do Consello de Ministros de Agricultura da UE en relación coa situación da gandería de carne. En concreto, o Goberno solicitará que a Comisión Europea active medidas de apoio ás granxas de vacún para “anticipar un deterioro aínda maior da coxuntura de mercado”.

A proposta de España, que se presentará de xeito conxunto con outros Estados membros, porá de manifesto as dificultades que pasan as ganderías a raíz da crise da Covid-19, polo que o ministro de Agricultura, Luis Planas, pedirá a posta en marcha de medidas previstas na Organización Común de Mercado da UE.

Agricultura lembra que a gandería de carne está moi vinculada á restauración e que se viu afectada pola caída do turismo no verán. Nas últimas semanas, o prezo do ‘añojo’ sitúase un 8,4% por debaixo do promedio dos últimos cinco anos no país.

Esta situación, subliña o Ministerio, incide tamén nas explotacións de vacas nodrizas, suministradoras de animais para o cebo, pois as cotizacións do gando de recría desplomáronse.

Planas recoñece que as medidas de almacenamento privado de carne adoptadas pola Comisión Europea en maio estabilizaron relativamente os mercados, pero na actualidade a situación segue amosando sinais negativas, polo que España solicitará a activación de novas medidas.

Perspectivas de mercado
O último informe das perspectivas dos mercados agrarios, publicado este mes pola Comisión Europea, apunta para o 2021 unha previsión de caída do consumo interno de carne de vacún dun 1,2 %, a sumar á caída coa que se pechará este ano, que rondará o 2,1% segundo as perspectivas da Comisión Europea. Para o ano tamén baixará a exportación un 4%, de acordo con este mesmo informe.

Porcino e avícola
Outro sector que tamén empeora o escenario de exportacións é o porcino, que reducirá as súas vendas ó exterior un 10%, segundo as estimacións da Comisión Europea. Calcúlase que China irá recuperando a súa produción, tralo impacto sufrido pola peste porcina africana, e que diversificará as súas importacións de carne.

O sector avícola, sen embargo, continúa coas boas perspectivas dos últimos anos, pois prevese para o 2021 un crecemento do 1% en produción, do 1,3% en consumo e do 1% en exportacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información