Agricultura merca leite para os bancos de alimentos a 40 céntimos

Unións Agrarias empraza ó Ministerio a non adquirir leite por baixo dos custes de produción

Agricultura merca leite para os bancos de alimentos a 40 céntimos

O Ministerio de Agricultura vén de adxudicarlle a Lactogal (Leche Celta) a adquisición de 35 millóns de litros de leite con destino ós bancos de alimentos. A compra formalizarase a un prezo de 40 céntimos / litro, un prezo que suscitou a indignación de Unións Agrarias, que advirte de que ese prezo sitúase claramente por baixo dos custes de produción.

A organización agraria empraza ó Ministerio a modificar as bases das poxas para adquisición de leite, de xeito que se rexeiten de xeito automático tódalas ofertas que estean por baixo dos custes de produción.

“Se desde as administracións non aplican con rigor a propias normas que eles mesmo ditan, pouco se pode esixir logo a aquelas empresas que venden a perdas e presionan á baixa os prezos en orixe”, cuestiona Unións Agrarias.

A organización fai un chamamento para que na próxima poxa, Agricultura rexeite as ofertas que estean por baixo de custes e tamén propón que se teñan en conta outros factores, como a proximidade e cuestións ambientais. “Non destacartamos que de repetirse o esperpento desta convocatoria, teñamos que denunciar o caso na AICA (Axencia de información e control alimentario) para que sexa sancionado o propio Ministerio”, conclúen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información