Agricultura lembra as deduccións que gandeiros e agricultores poden aplicar no Imposto da Renda 2021

Agricultura lembra as deduccións que gandeiros e agricultores poden aplicar no Imposto da Renda 2021

O aumento de custos de produción, como os dos pensos, levou a aplicar unha batería de reduccións do IRPF no campo.

Ante a próxima finalización do prazo para facer a declaración da renda, o Ministerio de Agricultura emitiu unha nota para lembrar as deduccións das que se poden beneficiar os agricultores e gandeiros que tributen no Réxime de Estimación Obxectiva (módulos), que son a gran maioría.

En marzo, o Consello de Ministros acordou unha redución do 20% do rendemento neto para todo o sector agrario. O obxectivo da medida era paliar o aumento de custos de produción e os efectos da seca en determinadas zonas.

A esa medida súmase a rebaixa dos índices de rendemento neto de tódolos sectores gandeiros e de viñedo que se recolleu nunha orde publicada polo Ministerio de Hacienda o 11 de maio, con minoracións de índices sectoriais específicos por comunidades autónomas, provincias e municipios.

Ademais, aprobáronse reducións específicas para tódolos gandeiros que merquen produtos de alimentación animal (pensos), así como para os agricultores que empreguen electricidade para regadío. No caso dos gandeiros, aqueles nos que as compras representen máis do 50% do importe total de alimentación animal, redúcese o índice aplicable ás actividades gandeiras, que será dun 0,50.

Prazo
O prazo para presentar a declaración da renda remata con carácter xeral o 30 de xuño, se ben aquelas declaracións que dean a ingresar, terán que ser presentadas o 27 de xuño a máis tardar.

O Ministerio de Agricultura estima que o conxunto de reducións implica unha rebaixa da base imponible de arredor de 1.093 millóns de euros, que beneficiará a 900.000 agricultores e gandeiros.

Lista de deduccións no Imposto da Renda 2021

A lista das reduccións establecidas con carácter estatal é a seguinte:

– Vacún de leite, de 0,20 a 0,14.

– Vacún de carne, de 0,13 a 0,09.

– Vacún de cría, de 0,26 a 0,18.

– Avicultura de 0,13 a 0,09.

– Cunicultura de 0,13 a 0,09.

– Equino de 0,32 a 0,22.

– Ovino e caprino de carne de 0,13 a 0,09.

– Ovino e caprino de leite de 0,26 a 0,18.

– Porcino de carne de 0,13 a 0,09.

– Porcino de cría de 0,26 a 0,18.

– Apicultura de 0,26 a 0,13.

– Uva para viño con D.O., de 0,32 a 0,22.

– Uva para viño sen D.O., de 0,26 a 0,18.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información