Agricultura introducirá o ‘renting’ e o ‘leasing’ de maquinaria agrícola no Plan Renove

O Ministerio actualiza as bases das axudas para a adquisición de máquinas e equipos con novas tecnoloxías que permitan reducir emisións

Agricultura introducirá o ‘renting’ e o ‘leasing’ de maquinaria agrícola no Plan Renove

Agricultura aprobou as novas bases do Plan Renove de maquinaria agrícola.

O Consello de Ministros acaba de aprobar as novas bases reguladoras das axudas para o Plan Renove de maquinaria agrícola que convoca o Ministerio de Agricultura. Unha das novidades da próxima convocatoria é que tamén se contemplan outras formas de adquisición da maquinaria ademais da compra, como son o leasing ou renting, alternativas polas que cada vez optan máis agricultores, segundo explica o Ministerio.

Nestes dous métodos de obtención de maquinaria, en ambos casos establécese un contrato de aluguer da maquinaria con cotas fixas e que adoitan ser mensuais. No caso do renting, tamén é habitual que no contrato se proporcione cobertura ó mantemento e reparacións da maquinaria. A principal diferenza nos contratos de leasing é que son a medio ou longo prazo e existe a opción de compra final.

A nova convocatoria tamén introducíu outros cambios trala xperiencia acumulada dos 5 anos de funcionamento das actuais bases do Plan Renove, pensado para incorporar maquinaria con novas tecnoloxías que permitan reducir emisións e ter unhas prácticas agrícolas e gandeiras máis sostibles. As novas bases amplían o tipo de maquinaria subvencionable e tamén aumentará a contía base e total das axudas en consonancia ás prioridades que establece o Ministerio, como a clasificación enerxética, as emisións ou as estruturas de protección homologada.

A actualización inclúe unha revisión dos requisitos de antigüidade de inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (Roma). Ademais, estas novas bases procuran axilizar a xestión das axudas ó concretar a documentación que se debe presentar por parte dos solicitantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información