Agricultura exime ós países da UE de indicar a orixe na etiqueta dos lácteos

O Ministerio prepara un proxecto de decreto para regular a etiquetaxe obrigatoria do país de muxido, transformación e envasado do leite. A norma permitirá identificar os productos lácteos fabricados en España con leite importado, se ben non haberá que destacar a procedencia foránea de queixos e bricks importados

Agricultura exime ós países da UE de indicar a orixe na etiqueta dos lácteos

O sector gandeiro considera o decreto pouco práctico.

O Goberno elaborou un borrador de decreto para regular a etiquetaxe obrigatoria da orixe dos produtos lácteos. A norma permitirá identificar os productos lácteos fabricados en España con leite importado, se ben non haberá que destacar a procedencia foránea de queixos e bricks importados, algo que suscita críticas en parte do sector gandeiro.

A etiquetaxe obrigatoria da orixe dos produtos lácteos é unha reivindicación de vello de organizacións agrarias e cooperativas. Con esa medida, búscase que o consumidor teña máis fácil identificar a orixe do leite, de xeito que poida priorizar a compra da produción estatal, se ese é o seu desexo. As asociacións de consumidores tamén son partidarias dunha etiquetaxe obrigatoria destes datos, se ben Agricultura amósase reticente.

A medida de obrigar a indicación do lugar de muxido, transformación e envasado do leite xa se adoptou este verán en Francia. Os produtos comercializados no país veciño que leven leite e carne nos seus ingredientes deberán especificar a súa orixe a partir do 1 de xaneiro do 2017. Outros estados do entorno tamén barallan medidas similares.

Excepcións
Agricultura establece no borrador de normativa que a etiqueta dos produtos lácteos deberá mencionar o país de muxido, transformación e envasado, puidéndose concentrar estas tres indicacións nunha soa cando todo o proceso se acometa nun único país. Unha disposición adicional única do decreto libera desa obriga, sen embargo, a boa parte dos estados que exportan leite a España.

En concreto, o decreto exime de cumprir a norma ós países membros da UE, así como a aqueles que teñan acordos aduaneiros coa Unión. O texto sinala expresamente o seguinte: “Los requisitos de este Real Decreto no se aplicarán a los productos legalmente fabricados o comercializados en los otros Estados miembros de la Unión Europea ni a los productos originarios de los países de la Asociación Europea de Libre Comercio, partes contratantes del Acuerdo del Espacio Económico Europeo ni a los Estados que tengan un acuerdo de Asociación Aduanera con la Unión Europea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información