A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“A agricultura de precisión é accesible e demóstrase rendible en Galicia”

Agrícola Noroeste conta cun equipo de 8 persoas orientado a dar soporte ás explotacións que apostan por introducir as novas tecnoloxías na súa maquinaria. Na feira Cimag Gandagro 2025 (Silleda) presentaron a súa oferta técnica e de servizos

“A agricultura de precisión é accesible e demóstrase rendible en Galicia”

Monitores de agricultura de precisión en cabina. / Imaxe: John Deere.

A agricultura de precisión presenta tres vantaxes principais para as explotacións: un aforro de custos, unha redución de tempo de traballo en campo e maior comodidade para o operador. Son vantaxes que levan a Agrícola Noroeste a estar convencida de que a agricultura de precisión xeneralizarase en Galicia, polo que apostou por centrar nesta área a súa recente presenza na feira Cimag – Gandagro (Silleda).

“Contamos cun departamento de 8 persoas para dar soporte e optimizar a tecnoloxía da agricultura de precisión dos nosos clientes. En moitos casos, xa a adquiriron e o noso apoio oriéntase a lograr o maior proveito das novas tecnoloxías”, explica Mario Pellitero, responsable de agrotech en Agrícola Noroeste.

Formación e prezo, dúas barreiras que xa non o son
“A agricultura de precisión está a entrar aos poucos. Unha das barreiras é a formación e o prezo tamén é un condicionante, pero son factores que se están superando”, explica Mario Pellitero, responsable do departamento agrotech en Agrícola Noroeste.

“En formación, ofrecemos aos nosos clientes formación tanto en aula como en campo. E en canto ao prezo, agora mesmo lanzamos un paquete atractivo co que a partir de 3.000 euros poden iniciarse na agricultura de precisión”, sinala Mario.

Guiado GPS
O primeiro paso na agricultura de precisión consiste no guiado GPS do tractor, que evita os solapamentos nos traballos e achega comodidade ao operador.

Traballo por seccións: abonado variable
Un segundo paso sitúase en traballar os terreos por seccións, pois boa parte das parcelas non son uniformes. Desta forma, aplícanse doses variables de abono e semente en función dos rendementos de cada parte.

“Toda a información que se capta en campo envíase a unha nube de John Deere, que é o centro de operacións, onde entra o noso traballo de apoio”, explica Óscar Solís, un dos técnicos de agricultura de precisión de Agrícola Noroeste en Galicia.

“A información máis importante é un mapa de rendementos da última colleita. Podemos engadirlle unha análise de chan, mesmo voos de dron, e moi importante, a propia opinión persoal do propietario, que é o que mellor coñece o seu terreo. Sobre esa base, podemos deseñar por exemplo un abonado variable, para optimizar o gasto de abono e lograr un maior rendemento”, destaca Óscar Solís.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *