AGACA promove bolsas formativas e laborais para a profesionalización da xerencia de cooperativas

O programa de apoio á función xerencial en cooperativas agroalimentarias é gratuíto e oriéntase a profesionalizar a xerencia das cooperativas e a mellorar a capacitación das persoas con formación académica en situación de desemprego

Actos cooperativismo 2021 _AIRaA Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) lanza unha nova edición do programa formativo de Apoio á función xerencial en cooperativas agroalimentarias, que ten dous focos de interese. Por un lado, diríxese a persoas con titulacións de grao medio ou superior preferentemente que se atopen en situación de desemprego e busquen mellorar a súa capacitación para ocupar postos de xerencia empresarial e, por outro, a cooperativas que, ou ben non contan coa figura de xerente ou ben buscan apoio á súa función xerencial. O obxectivo final do programa é mellorar a empregabilidade das persoas participantes.

As persoas interesadas en participar poden matricularse en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83

A formación para o alumnado comeza cun curso teórico (20 horas, a través de Zoom) e continúa con prácticas presenciais nunha cooperativa agroalimentaria durante 6 meses (a razón de 25 horas semanais), onde experimentará in situ a labor xerencial dunha cooperativa no seu conxunto.

As persoas interesadas en tomar parte no programa formativo e as cooperativas interesadas en recibir alumnado en prácticas poden descargar a documentación necesaria en www.agaca.coop e informarse no teléfono 981 58 47 83.

O proceso de selección tanto de alumnado como de cooperativas receptoras producirase entre xaneiro e febreiro de 2022

A iniciativa forma parte do proxecto Formación para a consolidación das cooperativas agroalimentarias de Galicia, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, xestionado pola Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), que inclúe outros programas formativos, un orientado á incorporación ao sector hortícola e outro de incorporación á produción de vacún leiteiro.

Conta co cofinanciamentodo Fondo Social Europeo, mediante a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas da economía social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades da economía social ou á mellora da competitividade e o apoio á consolidación empresarial das mesmas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información