AGACA levará a cabo a xornada “Servizos veterinarios e cooperativas” o 16 de maio de 9:30 a 14:30horas. Esta é unha sesión formativa en liña centrada en cuestións clave para o sector agroalimentario cooperativo. O encontro está dirixido a persoal técnico, directivos de cooperativas, persoas socias novas e mulleres vinculadas ao ámbito cooperativo.
Durante a xornada revisarase a nova normativa sobre o uso de produtos zoosanitarios, poñendo o foco nos principais problemas que atopan os servizos veterinarios, nas posibles solucións e no grao de compromiso das persoas socias co uso sostible destes produtos.
Tamén se abordarán as recentes modificacións lexislativas en materia de sanidade animal, como a reforma da Lei 8/2003 e o Real Decreto 666/2023 sobre medicamentos veterinarios.
Os participantes tamén recibirán información actualizada sobre o estado de enfermidades como a hemorráxica epizoótica, a lingua azul e a febre aftosa, así como sobre medidas de bioseguridade en explotacións gandeiras. As persoas interesadas poden apuntarse neste formulario.
PROGRAMA
09:30 a 10:00 h. Presentación da xornada.
- D. Higinio Mougán. Director xerente de AGACA.
10:00 a 11:50 h. Últimas modificacións normativas en sanidade animal. RD 666/2023 polo que se regula a distribución, prescrición, despensa e uso de medicamentos veterinarios.
- D. Víctor Collado. Técnico de Gandería de Cooperativas Agro-alimentarias de España.
- 10:50 h. Preguntas e aclaracións.
11:00 a 11:20 h. Apoio ás cooperativas agrarias dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
- D.ª Marta Mariño. Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
- 11:20 h. Preguntas e aclaracións.
11:30 h. Descanso.
11:30 a 13:00 h. RD 666/2023 polo que se regula a distribución, prescrición, dispensa e uso de medicamentos veterinarios: sistema PRESVET, capacidade facultativa e saúde animal. Visión dos profesionais veterinarios.
- D. José Antonio Fernández. Vogal representante do Colexio de Veterinarios de Lugo.
- 12:10 h. Preguntas e aclaracións.
12:20 a 13:00 h. – Previsións e medidas ante a EHE, lingua azul e febre aftosa.
- D. Jesús J. Orejas. Xefe de Sanidade Animal. Consellería do Medio Rural.
- 13:00 h. Preguntas e aclaracións.
13:10 a 13:40 – As ADS e a súa colaboración cos servizos veterinarios das cooperativas en sanidade animal.
- D. José Ansoar. Director Comercial de Aira, S. Coop. Galega.
- 13:40 h. Preguntas e aclaracións.
13:50 a 14:20 h. – Aspectos básicos de bioseguridade a implantar nunha granxa de bovino.
- Persoal técnico veterniario de AGACA.
- 14:20 h. Preguntas e aclaracións.
14:30 h. Clausura da xornada.
- D.ª Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.