AGACA organiza unha xornada sobre “Liñas de Axudas e Apoios Públicos” para o sector agrario

Publicidade
AGACA organiza unha xornada sobre “Liñas de Axudas e Apoios Públicos” para o sector agrario
Data inicio: 28/01/2016
Data fin: 28/01/2016
Lugar: Hotel Eurostars San Lázaro, Santiago de Compostela, España

Os diferentes Fondos Operativos de apoios da Unión Europea aos sectores produtivos achegan no período orzamentario do 2016 axudas relacionadas tanto con sectores produtivos concretos coma con fomento e creación de emprego, innovación, comercialización ou investimentos.

Para afondar nas distintas liñas de axudas que poden resultar de interese para agricultores e gandeiros, AGACA, en colaboración con CaixaBank, organiza o xoves, día 28 de xaneiro, a Xornada “Liñas de Axudas e Apoios Públicos”, no Hotel Eurostars – San Lázaro de Santiago de Compostela (Avda. Fernando Casas Novoa, s/n).

Dirixida principalmente a xerentes e persoas socias de cooperativas, a Xornada contará con relatorios de expertos de diferentes institucións:

– Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2014 – 2020.- José Manuel Janeiro (jefe de Servicio de Industrialización y Comercialización de la Consellería de Medio Rural).

– Liñas de apoio financeiro do IGAPE e Programas de Internacionalización do IGAPE.- Un representante del IGAPE presentará seis liñas de axudas da entidade.

– Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020.— Nicasio Mejuto (Subdirección General de Explotaciones Agrarias).

– Liñas de Axudas de Aforro Enerxético do INEGA .— José Ángel Abad (jefe de Área de Ahorro y Eficiencia Energético del INEGA).

– Incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil .—Jorge Barros (Subdirección General de Empleo).

– Programas de axudas da Subdirección Xeral de Economía Social .— Alba Paz (Subdirección General de Economía Social).

A Xornada comezará ás 9:15 horas e finalizará ás 14:30 horas, cun xantar.

As persoas con interese en asistir, poden inscribirse a través do correo electrónico berta.agaca@gmail.com, chamando ao teléfono 981 58 49 11 ou ben completando este formulario

Descarga aquí o programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información