O 29 de xaneiro de 2026 terá lugar unha xornada dedicada á hidroponía e a acuaponía en Galicia, de 09:30 a 14:30 horas. A hidroponía céntrase en cultivo de plantas sen terra e a acuaponía en cría de animais acuáticos. Ambas son técnicas de produción sostibles que se poden implementar desde pequena a maior escala.
A sesión, que é gratuíta, celebrarase online, pero é necesario inscribirse previamente neste formulario.
PROGRAMA PREVISTO
09:30 – Conexión e bienvida á persoas participantes
Higinio Mougán. Adxunto á Presidencia de AGACA
09:45 – Fundamentos técnicos da hidroponía
Samuel López. Néboda Farms
10:30 – Fundamentos técnicos da acuaponía
Loïc Le Goueff. Green in Blue Consulting (Barcelona)
12:00 – Breve descanso
12:15 – Por que a hidroponía? Vantaxes e desventaxes técnicas e de rendibilidade
Manuel Campos. Huerta del agua
13:00 – Experiencia hidropónica en Galicia
Manuel Campos. Huerta del agua
14:00 – Innovación , sustentabilidade e economía circular
Jesús Ángel López. Proxecto AWARE (Universidade de Santiago de Compostela)
14:30 – Fin de la jornada
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
O ciclo, que explorará diferentes sectores que poden supor oportunidades de negocio, ten como obxectivos: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado, promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio, impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas
As xornadas, de acceso libre previa inscrición, están especialmente dirixidas a persoas socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social, produtoras e produtores agrarios, persoal técnico e investigador, estudantado e público en xeral.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Enlace ao formulario de inscripción: https://us06web.zoom.us/meeting/register/QCDq5EskQf-EzHUDFFhPJg#/registration

Galego









Control OJD