Agaca organiza este martes unha xornada online sobre dixitalización nas cooperativas hortícolas

Publicidade

agaca xornada dixitalizacion cooperativas hortaAGACA organiza o vindeiro martes, 16 de decembro, a Xornada de dixitalización nas cooperativas hortícolas no marco da Rede Eusumo. Será unha sesión online orientada a ofrecer unha visión práctica e actual das tecnoloxías avanzadas aplicables ao sector. A actividade está dirixida a socios e socias de cooperativas agroalimentarias, persoas vinculadas á economía social e profesionais da produción agraria, persoal técnico, de investigación, estudantado e público en xeral interesado na modernización, optimización e competitividade no ámbito hortícola.

A inscrición é gratuita e celebrarase en modalidade online. Podes inscribirte nesta ligazón.

Ao longo da mañá, abordarán as tecnoloxías máis relevantes, como a automatización, a sensórica IoT, intelixencia artificial ou sistemas de comunicación, e presentaranse casos reais de implantación, así como un obradoiro práctico sobre solucións comerciais dispoñibles no mercado.

PROGRAMA

9:30 – 9:45 h Presentación da xornada
Higinio Mougán, Director Xerente de AGACA

9:45 – 10:05 h Introdución á dixitalización e ás tecnoloxías avanzadas no sector hortícola: de que falamos, por que e para que
Carlos Castro, DIH DATAlife

10:05 – 11:35 h Inmersión nas tecnoloxías avanzadas clave no sector hortícola: automatización e robótica, sensores e internet das cousas, redes de comunicación, intelixencia artificial e big data, drons e sistemas de observación satelital, sistemas de información xeográfica, ciberseguridade e blockchain, realidade extendida e integración e aproveitamento da información
Carlos Castro, DIH DATAlife

11:35 – 11:50 h Pausa

11:50 – 12:20 h Estado de situación e tendencias na implementación de tecnoloxías avanzadas clave
Carlos Castro, DIH DATAlife

12:20 – 12:50 h Casos de éxito de implantacións de tecnoloxías disruptivas
Carlos Castro, DIH DATAlife

12:50 – 13:50 h Taller práctico en tecnoloxías comerciais
Carlos Castro, DIH DATAlife

13:50 – 14:10 h Servizos de apoio EDIH DATAlife
Carlos Castro, DIH DATAlife

14:10 – 14:30 h Dúbidas, preguntas e respostas
Carlos Castro, DIH DATAlife

A xornada é de acceso libre previa inscrición.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2026 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información