
Plantación de aguacates no Rosal (Pontevedra)
O 10 de abril de 2025 terá lugar unha xornada online dedicada á produción de aguacate, de 09:30 a 14:30 horas. É a cuarta destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural.
Contaremos con relatorios de entidades produtoras e comercializadores de aguacate, así coma de centros de investigación.
Programa previsto
09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
09:50 – Introdución ao cultivo de aguacate en España e en Galicia.
Demetrio Bedriñana. AGACA.
10:10 – Material vexetal e bioloxía reprodutiva en aguacate: dous temas clave para o éxito deste cultivo.
Iñaki Hormaza. Consejo Superior de Investigaciones Científicas CSIC Málaga.
10:50 – Manexo agronómico do cultivo de aguacate.
Paco Gil. Consultor especialista.
11:50 – Descanso.
12:00 – Xestión da rega en cultivo de aguacate.
Javier José Cancela. Universidade de Santiago de Compostela.
12:40 – Problemáticas de pragas e enfermidades en cultivo de aguacate en Galicia.
Pablo Porto. Vivaz Plant.
13:10 – Colleita e postcolleita para garantir a calidade.
Antonio Cal. Vivaz Plant.
13:40 – Comercialización e tendencias de mercado: xestión cooperativa e estratexias empresariais.
Fernando Veiga. Horsal S. Coop. Galega.
14:10 – Preguntas e comentarios.
Asistentes e relatores.
14:20 – Conclusiónse clausura.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA.
14:30 – Fin da Xornada.
XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO
Os obxectivos do ciclo, que está previsto que inclúa 12 xornadas, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/o gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.
As xornadas, de libre acceso previa inscrición (nesta ligazón), son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.
Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social