AGACA imparte formación acerca de cultivo e comercialización de faba de calidade

O 4 de abril terá lugar a terceira sesión do ciclo 2025 de Xornadas formativas sobre oportunidades de negocio, dedicada á produción e comercialización de faba de calidade. A inscrición é gratuíta.

Publicidade

plantacion fabas2O 4 de abril terá lugar unha xornada dedicada á produción e comercialización das fabas de calidade, de 09:30 a 14:30 horas. É a terceira destas xornadas dedicadas a dar a coñecer sectores que poden supor unha oportunidade de negocio no medio rural.

É posible asistir de xeito online ou ben presencialmente nas instalacións do CFEA Pedro Murias (Lugar A Granxa, 1, Vilaframil (Ribadeo, Lugo), pero en ambos os casos cómpre inscribirse previamente.

Contaremos con relatorios de entidades produtoras e comercializadores de faba, así coma de centros de investigación e organismos da Xunta de Galicia.

Programa previsto

09:30 – Conexión e benvida a participantes. Presentación dos obxectivos da xornada.
Higinio Mougán. Director-gerente de AGACA.

09:50 – Cultivo das Fabas de Calidade: Características agroclimáticas, manexo de chan e preparación de terreo, ciclo de cultivo e técnicas de sementa, fertilización e rega (boas prácticas para optimizar a produción).
Noelia López. Estación Experimental do Baixo Miño.

10:30 – Apoio a iniciativas da Consellería de Emprego en Economía Social.
MMarta Mariño. Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Xunta de Galicia.

10:50 – A selección de sementes para a produción de fabas de calidade.
Alfredo Taboada. AGACAL-CIAM.

11:30 – Sanidade da semente de faba de Lourenzá: Conclusións proxecto FEADER 2021/066A.
Cristina Cabaleiro. USC.
Sonia Espósito. Agricultora de Alfoz.

12:00 – Descanso.

12:10 – O Cambio Climático, pragas e enfermidades na selección de sementes de faba.
Antonio Miguel de Ron. Misión Biolóxica de Galicia.

12:50 – Calidade e certificación da Faba de Calidade: Denominación de Orixe Protexida-DOP (requisitos e beneficios). Estándares de calidade e procesos de certificación.
Juan Manuel Concheiro. AGACAL.

13:30 – Comercialización e tendencias de mercado: Estrutura do mercado Faba de Lourenzá, Xestión cooperativa e as estratexias de comercialización.
José Cuadrado. Terras da Mariña, S. Coop. Galega

14:15 – Conclusións, comentarios finais e clausura.
Higinio Mougán.

14:30 – Fin da Xornada

XORNADAS FORMATIVAS SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Os obxectivos do ciclo, que está previsto que inclúa 12 xornadas, cada unha dedicada a unha oportunidade de negocio, son: explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado; promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia como oportunidades de negocio; impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/o gandeira e fomentar a fixación de poboación no rural na contorna das cooperativas.

As xornadas, de libre acceso previa inscrición (nesta ligazón), son de especial interese para persoas socias de cooperativas agroalimentarias, así como para aquelas vinculadas coa economía social.

Para máis información pode chamar ao 981 58 47 83.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información