AGACA e o CTC presentan o Proxecto Innoalcoop sobre innovación na comercialización e procesado alimentario

O proxecto Innoalcoop busca innovar o procesado de alimentos chamados de V Gama Funcional e mellorar a súa comercialización

AGACA e o CTC presentan o Proxecto Innoalcoop sobre innovación na comercialización e procesado alimentario

Presentación do proxecto

O director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), Higinio Mougán, e o director do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), Miguel Fernández Rodríguez, presentaron esta mañá en Ourense o Proxecto Innoalcoop sobre innovación na comercialización e no procesado alimentario.

O proxecto Innoalcoop, levado a cabo por AGACA e o Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), busca innovar o procesado e alimentos chamados de V Gama Funcional (que se comercializan cociñados) e mellorar a súa comercialización.
Cuarta xornada que se fixo.

Innoalcoop, no que participan un total de 76 cooperativas galegas, traballa con produtos hortícolas e cárnicos achegados polas cooperativas Cogal, Horsal e Melisanto. En concreto, elaboráronse cinco tipos de rolos de carne: de tenreira, de porco, de polo, de coello e de poldro, preparados xunto con alimentos de horta e ovos, segundo as receitas de Flavio Morganti, que se degustaron nunha cata incluída na Xornada.

Os pratos seguen formulacións nutricionais novidosas, que abranguen o abano nutricional base dunha dieta atlántica completa e equilibrada, e cociñáronse mediante condicións de procesamento específicas para a súa preservación nutricional e presentación estética.

Higinio Mougán: “Esperamos que o novo PDR incluirá axudas importantes de cara á innovación agroalimentaria”

O CTC avaliou as distintas fases do proceso, dende a materia prima ata a reacción do consumidor ante o produto rematado, de xeito que se puidesen determinar as mellores opcións de preparado para cada rolo, mantendo valores nutricionais equilibrados e modos de preparación rendibles.

O proxecto Innoalcoop forma parte das “Accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal” desenvolvidas pola Consellería do Medio Rural durante o ano 2015.

O xerente de AGACA, Higinio Mougán salientou durante a presentación que “é un bo momento para ter preparada unha proposta de proxecto xa que pronto sairá o novo PDR de Galicia e seguro que inclúe axudas importantes de cara á innovación”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información