A Asociación Galega de Apicultura desenvolverá durante esta primavera un extenso programa de formación por toda Galicia, con cursos básicos e de especialización e como novidade este ano inclúe unhas xornadas formativas sobre reprodución do apiario. Estas xornadas teñen como obxecto dar resposta á necesidade dos apicultores/as de aprender a reproducir as súas propias colmeas e repoñer as baixas ocasionadas cada vez máis pola Vespa velutina e por outros parásitos, que, segundo Aga, “está causando o debilitamento e mortandade dunha parte da cabana apícola galega”.
Para a loita contra o tártago asiático, AGA continuará esta primavera co programa Stop Velutina, que inclúe diferentes actividades destinadas á información e sensibilización sobre a problemática e á realización de accións encamiñadas a diminuír os efectos negativos desta praga.
O programa de formación de AGA inclúe tamén 19 cursos básicos de apicultura de fin de semana, destinados principalmente a aquelas persoas que queiran iniciarse no mundo abelleiro, e dous cursos de especialización en cría de raíñas e reprodución do apiario.
Ademais este ano, AGA colabora na organización dun curso de apiterapia que realizará Apiterapia Bierzo en Ourense no mes de maio. Este curso, impartido por médicos apiterapeutas, ofrecerá unha completa formación para a aplicación terapéutica da apitoxina e dos produtos da colmea, mel, própole, pole e xelea real.
Programa Stop Velutina 2017
En canto o programa Stop Velutina 2017 de AGA, contémplase a prevención co trampeo primaveral, a divulgación sobre a problemática e a innovación en métodos técnicos de control. En canto ó trampeo, AGA comezou xa co reparto de trampas concedidas de forma gratuita pola Xunta para realizar a campaña primaveral de captura de raíñas.
Durante o mes de marzo e abril, a asociación e as súas diferentes delegacións comarcais están levando a cabo un amplo programa de charlas divulgativas, importantes para que a información chegue á poboación e que a sociedade enteira se implique nesta loita.
Por outro lado, o desenvolvemento de técnicas que permitan reducir os efectos negativos do ataque da velutina nas colmeas é moi necesario e para iso AGA está realizando estudos sobre posibles métodos, tanto de forma interna como en colaboración con universidades e outros colectivos.
Adxuntamos o programa de formación e a información completa de todas estas actividades:
Programa formación 2017
Cursos básicos de apicultura
Duración: 12 horas (2 días)
Horario: De 11 a 14 e de 16 a 19
Nº participantes: mínimo 15
Prezo: gratis para socios/as de AGA e 50 € para non socios/as. Inclúe a publicación “Curso de Apicultura”
Programa
1. Introducción:
Reprodución das plantas con flor. Polinización
A apicultura, unha actividade multifuncional: produtos apícolas, biodiversidade. Produción de alimentos
Da flor a mesa. Historia dunha pinga de mel
Produción apícola: Potencial melífero do entorno. Nivel de toxicidade. Forza das colonias. Condicións climáticas
2. As abellas e a colmea
Individuos da colmea: Raiña, obreiras, zánganos
Ciclo biolóxico das abellas. Morfoloxía da abella
Os oficios das abellas. Comunicación das abellas
As colmeas. Tipos de colmeas. Partes da colmea
Manexo da colmea ao longo do ano. Materiais e utensilos do apicultor. O afumador
3. O apiario
O apiario. Asentamento do apiario. Factores a ter en conta
Lexislación, distancias.
Reprodución das colmeas. Métodos de reproducción
Calendario do apicultor
4. Sanidade apícola
Concepto de sanidade apícola. Prevención de doenzas das abellas. Factores que condicionan a saúde das abellas
Principais enfermedades e enemigos das abellas: Loque americana, varroa, Vespa velutina. Control e tramentos. Desinfección de materiais e equipos
Alimentación suplementaria das abellas. Necesidades alimenticias. Tipos de alimentadores. Épocas do ano
Axudas do PLAN APICOLA anual
5. Produtos das abellas.
Composición e usos de cada un. Produción de mel, pole, própole, cera…
A esmelga. Procesado dos produtos apícolas
Meles monoflorais. IXP-Mel de Galicia. Produción ecolóxica. Mel crema e derivados
Comercialización e prezos; a granel,cooperativismo, individual…
Produción primaria: Mel das miñas colmeas
6. Guía de boas prácticas apícolas
7. Visita e prácticas no apiario (é preciso ter traxe apícola)
Calendario
1. Gondomar
Datas: 22 e 23 abril
Local: Centro Neural
2. Celanova
Datas: 22 e 23 de abril
Local: Salón dos Arcos (Antigua Biblioteca Municipal)
3. Abegondo
Datas: 29 e 30 de abril
Local: Casa das Abellas
4. Ortigueira
Datas: 29 e 30 de abril
Local: Fundación Museo Ortegalia
5. Boiro
Datas: 6 e 7 de maio
Local: Casa da Cultura Ramón Martínez López (A Cachada)
6. O Corgo
Datas: 6 e 7 de maio
Local: Asociación de Veciños de Pedrafita
7. Allariz
Datas: 6 e 7 de maio
Local: Sala de Promoción Económica (Museo do Xoguete)
8. A Estrada
Datas: 13 e 14 de maio
Local: Sala ABANCA
9. Vilalba
Datas: 13 e 14 de maio
Local: Concello de Vilalba
10. Cualedro
Datas: 13 e 14 de maio
Local: Centro de Interpretación dos Castros
11. Compostela
Datas: 20 e 21 de maio
Local: IES Rosalía de Castro
12. Amoeiro
Datas:20 e 21 de maio
Local: Fundación Otero Pedrayo de Trasalba
13. Courel
Datas: 27 e 28 de maio
Local: Estación científica USC de Seoane do Courel
14. Ferreira de Valadouro
Datas: 27 e 28 de maio
Local: Casa da Cultura
15. Castro Caldelas
Datas: 10 e 11 de xuño
Local: Castelo de Castro Caldelas
16. Fonsagrada
Datas: 10 e 11 de xuño
Local: Antigo instituto. Os Chaos
17. A Cañiza
Datas: 17 e 18 de xuño
Local: Edificio Multiusos
18. Chantada
Datas: 17 e 18 de xuño
Local: Cooperativa ICOS
19. Moaña
Datas: 1 e 2 de xullo
Local: Casa da Mocidade – Barrio do Rosal
Inscricións:
Pago por transferencia ó nº de conta de AGA ES02 2080 0348 38 3000018210, indicando nome e lugar do curso no concepto. Enviar nome, teléfono, email e xustificante de pago a AGA por email info@apiculturagalega.es ou fax ó 981 508 142
Data límite: 1 semana antes do curso
Cursos de especialización
Só para socios e socias de AGA con formación apícola previa.
1. Xornadas sobre reprodución do apiario
Curso práctico de autoreprodución das colmeas impartido por profesionais do sector.
Duración: 6 horas (1 día)
Horario: De 10 a 13 e de 15 a 18 h.
Nº participantes: máximo 20.
Prezo: 20 €
Programa:
– Bases biolóxicas da reprodución.
Castas de abellas: orixe, calendario de metamorfose e idade de celo. Organización social: abellas de interior e de exterior. Funcións relacionadas coa reprodución. Tipos de mestras.
– Enxamía natural.
Causas e métodos de control. Aproveitamento reprodutivo da enxamía. Recollida de enxames.
– Sistemas de formación de novas colonias.
Particións. Núcleos. Paquetes.
– Obtención de raíñas.
Aproveitar raíñas de enxamía. Introdución á cría de raíñas. Cría de machos.
– Manexo das novas colonias.
Calendario de primeiros controis. Achegas: alimento, panais, abellas… Adaptación da vivenda: partidores, poncho, portanúcleos…
Prácticas:
Localización e marcaxe de mestras. Identificación de larvas de obreiras aptas para criar raíñas. Sistemas de recollida de nutrices. Formación de novas colonias: partición, núcleos e paquetes. Enxerto de realeiras e introdución de raíñas.
Calendario:
1. Carballo, 29 de abril. Con Celso Cadahía
2. Crecente, 6 de maio . Con Benito Martínez
3. Ponteareas, 13 de maio. Con Pablo Alarcón
4. A Coruña, 14 de maio. Con Juan Guijarro
5. Cualedro, 28 de maio. Con Apilarouco
6. Outeiro de Rei, 11 de xuño. Con Marcos e Jara Varela
2. Reprodución apícola e cría de raíñas. Abella Meiga
Docentes: Marcos e Jara Varela.
Lugar: Outeiro de Rei (Lugo)
Datas e horario: 22 e 23 abril (teoría), 17 xuño (práctica). De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Número de participantes: máximo 20
Prezo: 70 €, incluíndo unha raíña virxe e o resumo do curso en formato dixital.
Contacto: Marcos e Jara Varela Tel. 619 744 685
Consultar o programa completo na web de AGA
3. Reprodución e multiplicación do apiario. Apilarouco
Docentes : Apilarouco.
Lugar: Cualedro e Montalegre (Portugal)
Datas e horario: 17 de xuño de 10:30 a 13:30 e de 16 a 19 h. (Cualedro) e 18 de xuño de 10 a 19 h. (Montalegre)
Nº de participantes : máximo 25
Prezo: 50 €, incluíndo 2 raíñas virxes
Contacto : José Bailón Martínez. Tel. 665 820 171 Email jose.bailon@edu.xunta.es
Consultar o programa completo na web de AGA
Inscricións cursos de especialización:
Indicar nome, teléfono e correo electrónico por email a info@apiculturagalega.es ou por teléfono ó 981 508 142. Unha vez confirmada a dispoñibilidade de praza indicarase a forma de pago.
Data límite: 1 semana antes do curso
Curso de apiterapia
Docente: Médica apiterapeuta chilena
Organiza: Apiterapia Bierzo
Lugar: Ourense (só no caso de cubrir as prazas mínimas, se non será en Ponferrada)
Data e horario: Do 17 ó 20 de maio, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.
Nº participantes: mínimo 20
Prezo: 500 € antes do 3 de maio, despois 625 €
Inscricións: consultas@apiterapiabierzo.com ou 678420820
Máis información e programa: www.apiterapiabierzo.com e www.apiculturagalega.es