Adxudicadas as catro xovencas poxadas en Pedrafita a unha mesma gandería

Adxudicadas as catro xovencas poxadas en Pedrafita a unha mesma gandería

Poxa celebrada este domingo en Pedrafita.

A poxa organizada pola Asociación de Criadores de Rubia Galega (Acruga) en Pedrafita do Cebreiro concluíu coas catro xovencas adxudicadas polo prezo de saída, 1.800 euros. Os animais, que quedan todos nunha mesma gandería de Pedrafita do Cebreiro, proceden do centro de recría Gayoso Castro, xestionado por Acruga.

As xovencas poxadas tiñan entre 18 e 24 meses, cunha preñez de entre 2 e 4 meses. A explotación que se fixo cos animais na subasta abonará 1.800 euros por cada un, tendo unha axuda de 200 euros á compra por parte de Caixa Rural Galega, como é habitual nas subastas organizadas por Acruga. Esta é a segunda subasta da tempada, tras o verán, logo da celebrada a comezos de mes na Fonsagrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información