Advirten de que a suba do salario mínimo disparará un 50,4% os custos laborais para os agricultores

A COAG advirte de que a suba do Salario Mínimo Interprofesional prevista polo Goberno “fará que pase de 967 euros a 1.455 por traballador/mes, en apenas dúas campañas, algo inasumible para as pequenas e medianas explotacións agrícolas e gandeiras”

A Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG) alerta de que a suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) aos 1.000 euros prevista polo Goberno “podería supor un aumento do 50,4% dos custos laborais para os agricultores, ao pasar de 967 euros por traballador/mes en 2018 a 1.455 euros en 2020”.

Así o recolle a simulación realizada polos Servizos Técnicos de COAG en base os datos reais dunha explotación media, con 2-3 traballadores fixos:

Suba salario COAG

Neste sentido, desde o COAG aseguran que “avogamos por uns salarios dignos e un emprego de calidade no campo pero nun contexto de caída de rendas ( -8,6% en 2019) e de entrada sen control de importacións que non cumpren nin coa máis mínima cobertura social e laboral dos seus traballadores, a importante subida dos custos laborais expúlsanos do mercado”.

“Resulta inasumible para as pequenas e medianas explotacións con 2-3 traballadores fixos. O noso custo laboral diario no sector agrícola (69 euros), multiplica por 14 o salario dun xornaleiro en Marrocos (5 euros/ día). Estamos a anos luz de poder trasladar ao prezo dos nosos produtos o incremento de custos, nun mercado desregulado no que se impón a lei da selva. A presión en prezos e custos está a asfixiar ás explotacións familiares”, subliñou o responsable da área de Relacións Laborais de COAG, Eduardo López, á vez que vaticinou destrución de emprego en sectores que demandan man de obra de forma máis intensiva, como o de froitas e hortalizas.

Ante esta situación, esta organización pedirá ao Ministerio de Traballo participar na mesa de diálogo social que se abra cos diferentes axentes para abordar a suba do SMI. Ademais, nun hipotético escenario de novas subidas, COAG reclamará medidas compensatorias para os profesionais agrarios, vía bonificacións das cotizacións á Seguridade Social e IRPF.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información