Advirten de que non é posible manter 50 metros rozados arredor das granxas

Advirten de que non é posible manter 50 metros rozados arredor das granxas

Granxa de porcino de Nudesa

O sindicato Unións Agrarias advirte de que “non é posible” que se cumpra coas faixas de protección fronte aos lumes no caso das granxas. A nova lei establece a obriga de que nos 50 metros arredor das instalacións gandeiras o terreo debe estar rozado de maleza e sen plantacións de piñeiros, eucaliptos ou acacias.

“É imposible que se cumpran esas distancias. Se xa era difícil coa anterior normativa, que establecía 25 metros moito máis o está a ser cos 50 metros. Estamos en Galicia, onde hai moito minifundio, e moitas granxas, sobre todo de porcino e de polos, tiveron que ir a terreos forestais onde cumprir esas distancias é prácticamente imposible”, advirte Román Santalla, responsable de Unións na comarca do Deza.

De feito, asegura que lle están a chegar queixas de moitos gandeiros por este tema. “Estamos totalmente de acordo en que o terreo ten que estar limpo para que en caso de incendios non afecten á granxa, pero a distancia de 50 metros é desproporcionada. E se ben é certo que a lei permite que o gandeiro poda limpar os terreos colindantes se os propietarios non o fan, isto sería unha fonte de conflitos”, asegura.

“Con esta norma estase a restar competitividade ao noso sector gandeiro e freando o desenvolvemento no rural”, advirte Santalla.

¿Que di a lei sobre a limpeza do terreo arredor das granxas?

O responsable de Unións Agrarias no Deza explica que a situación en Galicia en canto á normativa sobre prevención de lumes forestais no relativo ás instalacións gandeiros é a seguinte:

Granxas feitas a día de hoxe:

1) Con licenza ou legalizadas:

Os propietarios lindantes terán que retranquear a vexetación, medindo dende as paredes da granxa:

-50 metros debe estar libre de plantacións ou bosques de piñeiros, eucaliptos e acacias.

-Dende eses 50 m ata 15 m das paredes da granxa, si pode haber frondosas, como carballos, castiñeiros…. Pero separados os trocos das árbores, cando menos 7 metros entre eles, e o terreo debe estar rozado.

-Nos últimos 15 metros xa non pode haber arborado forestal, e teñen que rozar tamén o mato.

2) Granxas sen licenza ou non legalizadas:

Granxa típica cunha nave que se fixo co ”ti vai facendo” e hoxe non é legal.

As distancias son as mesmas que antes pero o propietario do terreo non ten obriga de retranquear, agás que llo pida o propietario da granxa. Pero nese caso, o propietario da granxa ten que pagarlle o arborado que lle cortan, e ten que ser o propietario da granxa quen todos os anos entre a rozar as parcelas dos veciños, para o cal terá un dereito de paso e servidume para facer exclusivamente esa roza.

Granxas que se fagan no futuro:

Román Santalla explica que as naves das granxas que se fagan no futuro en solo rústico, non se poderán facer como agora, agás que:

– O propietario da granxa sexa tamén propietario dos 50 metros da redor, e nese caso xa se compromete a xestionar á biomasa.

-O propietario da granxa non é o propietario do que hai da redor, pero chega a un acordo cos lindantes para xestionar a biomasa, e xustifícao dalgún xeito (acordo escrito, contrato).

Como conclusión, o responsable de Unións Agrarias alerta de que “esta normativa, en solo rústico, entorpece enormemente a instalación de novas naves, salvo que o promotor da nave controle as parcelas de 50 metros do arredor”.

4 ideas sobre “Advirten de que non é posible manter 50 metros rozados arredor das granxas

  1. stop eucaliptos

    Todo es poñer paos as rodas. En primer lugar a anterior norma non era 25 m eran 30. En segundo Lugar e necesario que estan limpos 50 m polo ben das granxas e polo ben dos servizos de extincion de incendios que ahi moita xente e tamen somos persoas que corremos riscos. Me parece vastante indinante que solo este sindicato que esta unido o LOVI DOS EUCALIPTIZADORES DE este pais, que non apoi esta norma tan necesaria. En vez de poñer paos as rodas que axuden a cumplila.

    Contestar
  2. Sara Varela

    Os vellos de Galicia, que se poñan a debrozar, e se non lles da o corpo, que gasten dous ou tre meses de pensión de 560 euros en contratar os traballos. Todo o mundo sabe que os incendios en Galicia son culpa dos vellos, que non desbrozan, e teñen as fincas sucias…. ¿Verdade?

    ¿É normal dar un plazo do 31 de maio, para desbouzar 100 mil ha, cando a Xunta incumple a norma nos seus propios montes?
    ¿É normal que depois de pagar 2000 millóns de euros en incendios en 15 anos, agora haxa que sacar 50 millóns ao ano do bolsillo da xente das aldeas para sumar a maiores?
    ¿Vaise arregalr así o problema dos lumes, vai arder menos o monte ou haber menos incendiarios?
    ¿por qué non poñen o mesmo interese en perseguir e multar á xente, que en arreglaro o problema do xabaril, por exemplo?
    ¿por qué non expropian as franxas das carreteras, en vez de cargarlle o morto ao propietario? ¿Por qué non limpamos tamén nos debaixo das liñas eléctricas e liberamos as compañías de expropiar e limpar?

    Xa o dixo María Antonieta na véspera da Revolución Francesa: ¿Qué non teñen pan? Que coman pasteles….

    Contestar
  3. Gamela

    Hoxe escoitei a Director Xeral dicir que xa enviaron 19,000 cartas e que as multas rondarán os 1.000 €uros !

    Estou convencido de que rozar a 50 metros de calquera edificación converterá Galicia nun DESERTO!

    Pero antes de que cheguemos a ser coma o Sahara algúns vanse poñer a botas cos CARTOS de todos Nós !

    Estamos tolos? Levamos 50 anos mirando para outro lado e agora seica a todo o mundo lle entraron as présas?
    Expropiar ou subastar polo prezo das rozas, é o xeito máis BARATO que ten unha Adminsitración Ladroa para que os Concellos se fagan con centos de miles de metros cadrados para RECALIFICALOS 30 anos despois !!!

    Somos parvos o é que ninguén sabe ver un mapa do rural galego ?

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información