Advirten de que Movistar está a deixar sen teléfono fixo nin internet a centos de usuarios da montaña lucense

A Fruga pide a intervención da Xunta para solucionar o problema, ante a falta de respostas da compañía

Advirten de que Movistar está a deixar sen teléfono fixo nin internet a centos de usuarios da montaña lucense

Máis de 600 usuarios quedaron sen telefonía fixa e acceso a internet.

Concellos do rural galego están a sufrir estes días a falta de servizos de telefonía fixa e acceso a internet, afectando especialmente a persoas maiores. Segundo a Federación Rural Galega (FRUGA), a situación débese a Telefónica, que deixou a máis de 600 usuarios sen servizo de teléfono fixo e internet na montaña de Lugo, moitos deles dependentes do sistema de Tele-asistencia.

Movistar xustifica esta problemática argumentando que se trata dun cambio tecnolóxico de 2G a 4G, segundo explica a Fruga. Porén, as persoas afectadas denuncian que a atención recibida limítase a respostas xenéricas de máquinas e contestadores, sen que se lles ofreza unha solución concreta. A situación podería agravarse nos próximos días debido aos apagóns analóxicos previstos para o 19 de outubro, que deixarán sen liña fixa e acceso a internet a moitos usuarios.

FRUGA tamén critica a falta de investimento na extensión da fibra óptica nas zonas rurais. A organización sinala que esta falta de servizos dificulta a vida diaria dos habitantes, dende a atención a persoas maiores que necesitan o servizo de Tele-asistencia, como a realización de trámites administrativos ou bancarios que requiren acceso a internet.

Ante esta situación, FRUGA esixe a intervención do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para garantir que o rural galego non quede sen estes servizos esenciais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información