Advirten de que as axudas da Xunta á viticultura favorecen aos grandes grupos empresariais foráneos

Publicidade
DCIM100MEDIADJI_0158.JPG

Viñedos en la DO. Monterrei

A Asociación Galega de Viticultura (AGV) considera que as axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo de Garantía Agraria (FEAGA) e convocadas pola Xunta, “favorece aos grandes grupos empresariais, boa parte deles foráneos, en detrimento das pequenas adegas familiares galegas”.

En concreto, dende a AGV critican que a estas axudas “como levamos denunciando dende hai anos, van poder acceder empresas foráneas que queiran instalarse nas zonas vitivinícolas galega”.

Ademais, lembran que esta orde de axudas sitúa a cantidade mínima de inversión para poder obtela en 100.000 euros, relegando ás axudas FEADER aos demais proxectos de investimentos menores desa cantidade. “Trátase, deste xeito, dunha axuda que beneficia ás grandes empresas, deixando unha vez máis de lado ás pequenas adegas. Estas adegas, proxectos pequenos, cumpren un papel fundamental para garantir o futuro da vitivinicultura tradicional, como por exemplo no caso da Denominación de Orixe Ribeira Sacra”, advirten dende a Asociación Galega de Viticultura.

“É en definitiva unha axuda para as élites, que beneficia ás grandes adegas e aos grandes grupos empresariais que ven na Galiza unha oportunidade de mercado, afogando ás pequenas adegas galegas. Unha vez máis, a Xunta de Galiza vai contra os intereses da viticultura galega tradicional, favorecendo os intereses das grandes empresas”, conclúen dende a asociación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información