As organizacións profesionais agrarias, ASAJA e COAG, solicitaron ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha prórroga de tres anos adicionais, (até 9 de xaneiro de 2028), para a entrada en vigor do Real Decreto 159/2023 que establece novas esixencias de benestar animal para as explotacións de porcino españolas. Esta prórroga permitiría:
1. Adaptación gradual e ordenada. Realizar unha correcta adaptación aos novos requisitos sen unha drástica caída da produción. Estímase que a implementación do RD 159/2023 e os novos requisitos de densidade de espazo por animal suporán unha perda de entre 4 e 8 millóns de porcos cebados ao ano, dependendo do método de cálculo da superficie útil e a aceptación do redondeo por curral. A redución de prazas oscila entre o 7,06% e o 16,34%.
2. Aliñación con Normativa Europea: Esperar aos debates e posibles cambios na Directiva 120/2008 para asegurar a coherencia coa normativa da UE
3. Plan Coordinado de Implementación: Establecer un plan coordinado entre o Ministerio, Comunidades Autónomas e produtores para unha transición ordenada e efectiva.
Os cálculos realizados polo sector, en base a orzamentos reais, recollen un sobrecusto por encima dos 300.000 para adaptar as granxas á redución de densidades por m2 que, no caso de querer ampliar a superficie das mesma para manter o nivel de produción, superarían os 500.000 euros.
En relación a iso, COAG e ASAJA reclamaron tamén ao MAPA axudas específicas para facilitar a transición cara ás novas normativas. Estas axudas servirían para apoiar aos gandeiros na adaptación das súas explotacións e na implementación de melloras necesarias para cumprir cos novos estándares de benestar animal.
Ademais, os gandeiros enfróntanse a dificultades significativas para obter as autorizacións necesarias para a ampliación das súas granxas. As regulacións actuais e as restricións administrativas complican o proceso de expansión, limitando a capacidade das explotacións para cumprir coas novas normativas de benestar animal.
Que aspectos esenciais recolle o Novo Real Decreto?
O Real Decreto 159/2023, que modifica as normas mínimas para a protección de porcos establecidas no RD 1135/2002 e aliñadas coa Directiva 120/2008 da UE, introduce novos requisitos de densidade de espazo por animal. As principais modificacións son:
-Transición de bacoriños: De 0,2 a 0,24 m²/animal.
-Engorde de porcos: De 0,65 a 0,74 m²/animal.
“Cabe destacar que esta normativa vai por diante da normativa europea, o que engade unha capa adicional de complexidade e urxencia para o sector”, advirten as organizacións agrarias.
Solicitude de Modificación de Densidades
ASAJA e COAG propoñen unha modificación nas densidades de espazo por animal para lograr un equilibrio entre a normativa adicional de benestar animal e a sustentabilidade económica das explotacións. As densidades propostas son: