Advirten de que a retirada de produtos fitosanitarios na UE está a prexudicar á agricultura

Publicidade
Publicidade
Advirten de que a retirada de produtos fitosanitarios na UE está a prexudicar á agricultura

Un novo estudo de impacto na UE que se fixo público hoxe revela que, se seguen retirándose produtos fitosanitarios do mercado, resentirase a subministración de alimentos de calidade e crecerá o desemprego, o que custará á economía miles de millóns de euros.

O estudo analiza o impacto acumulado que ten sobre a UE o avaliar os produtos fitosanitarios a través dun enfoque lexislativo que tome como base o perigo e non o risco. A consultora Steward Redqueen foi a encargada de levalo a cabo sobre a base da información proporcionada polas nosas organizacións membro.

“Están a eliminarse de forma paulatina moitos produtos fitosanitarios, o cal ameaza tanto aos ingresos dos agricultores como ao medio ambiente, ao emprego e á economía”, afirmou o Secretario xeral do Copa e da Cogeca, Pekka Pesonen, na rolda de prensa na que se presentou o estudo. “É máis: moitas das sustancias que se identificaron no informe seguen usándose en países que non pertencen á UE, o que representa unha desvantaxe competitiva para nós e non beneficia en nada aos consumidores europeos”.

75 sustancias corren a rega de saír do mercado

“O estudo identifica 75 sustancias que corren o risco de saír do mercado”, engadiu Luc Peeters, presidente do grupo de traballo “Cuestións fitosanitarias” do Copa e da Cogeca, ao explicar as principais conclusións do informe. “Mostra ademais que terá repercusións en todo o sector dos cultivos herbáceos da UE, con estimacións de perdas de rendemento de ata o 40% nalgunhas materias primas.

Segundo o estudo, isto reducirá as marxes dos agricultores e a rendibilidade das explotacións ata nun 40%, o que supoñerá a perda de 17.000 millóns de euros na rendibilidade global das explotacións. Os sete cultivos básicos que identifica o estudo (cebada, trigo, colza, millo, patacas, remolacha azucreira e uvas) supoñen 1,2 millóns de postos de traballo, dos cales un 30% corre un risco medio-alto de desaparecer. No estudo tamén se inclúen 24 cultivos especializados que supoñen á súa vez outros 300.000 postos de traballo”.

“Xa se perciben os efectos que está a ter a prohibición dos tratamentos de sementes con neonicotinoides na produción europea de colza, millo e xirasol”, dixo o presidente do grupo de traballo “Cereais” do Copa e da Cogeca, Max Schulman. “Está a reducirse tanto o rendemento como a superficie cultivada, xa que algúns agricultores están a se pasar a outros cultivos para non correr riscos.

Isto significa que xa non se ten en conta á colza na rotación de cultivos, o cal ten un impacto negativo sobre o medio ambiente. Tamén aumenta a resistencia se non hai rotación entre as sustancias activas. O problema é que non existen instrumentos alternativos para a protección dos cultivos e os ataques das pulguiñas estaos dezmando. E, mirando cara ao futuro, non parece que vaia a haber substitutos inmediatos para as sustancias retiradas. Debemos actuar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información