Advirten de casos de estafa na venda de pélets de madeira

A Asociación de empresas produtoras alerta de que se está usurpando o nomer de marcas coñecidas para ofertar pélets moi por baixo do prezo do mercado sen que chegue a producirse a entrega do combustible tras facer o pago

Advirten de casos de estafa na venda de pélets de madeira

Caldeira de biomasa abastecida por pélets.

A Asociación de Empresas Productoras de Pellets de Madeira (Apropellets) alerta de que se están producindo casos de fraude na venda de pélets. Polo momento, estas estafas afectaron a produtores de fóra de España pero desde Apropellets lembran que este tipo de irregularidades na venda xa se produciron no 2014, cando varias empresas españolas produtoras de pélets se viron afectadas.

O modo de proceder dos estafadores continua a ser o mesmo que se detectou coas fraudes que afectaron a empresas españolas hai 5 anos. Os estafadores ofertan o pélet moi por baixo do seu prezo no mercado. Na maioría dos casos sitúase ao 50% do valor real do produto.

Ofrecen os pélets moi por debaixo do prezo do mercado, mesmo á metade do valor real

En base ao índice dos prezos do pélet de madeira que recolle a Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa (Avebiom), unha tonelada de pellets custa algo máis de 245 euros, segundo os datos do primeiro trimestre de 2019, incluíndo o IVE e cun transporte medio duns 200 quilómetros. Fronte a estes prezos, os estafadores chegan a ofrecer prezos que se sitúan por debaixo dos 120 euros.

Para conseguir chegar aos consumidores, os impostores suplantan a identidade de marca de coñecidos produtores de pélets de madeira. Así, primeiro contactan con aqueles compradores que demandan cantidades importantes deste produto, xeralmente distribuidores, e fano en nome de empresas coñecidas e de prestixio no sector para así conseguir formalizar a venda.

Unha vez que chegan a un acordo cos clientes, estes realizan unha transferencia para pagar o cargamento de pellets adquiridos a metade de prezo, pero que ao final nunca chega ao seu destino.

Recomendacións básicas para evitar a fraude

Desde Apropellets realizan unha serie de recomendacións básicas a consumidores e distribuidores antes de realizar calquera transacción para que non se vexan afectados por estas fraudes.

Verificar a web e as direccións de correo electrónico utilizadas pola empresa, asegurándose de que sexan lexítimas e comprobar a autenticidade da identidade das persoas que establecen o contacto.

-Ante calquera dúbida, o mellor é chamar directamente á sede central da empresa, ao teléfono fixo que conste na web oficial, e preguntar sempre polo responsable de exportación, cando se chama desde fóra de España, ou polo responsable comercial, se é desde España. Recomendan solicitar confirmación da información recibida e exporlles a oferta de pélets que se recibiu para confirmar que esta sexa real antes de realizar o primeiro pago en conta.

Contrastar e confirmar a información recibida e desconfiar ante ofertas que estean moi por debaixo dos prezos de mercado que se manexen nos distintos países. En España pode consultarse o índice de prezos dos pélets de madeira de Avebiom.

Consultar o perfil da empresa que di ser certificada nos sitios webs oficiais correspondentes aos certificados de calidade e seguridade, para verificar así os datos de quen contacta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información